quarta-feira, 24 de dezembro de 2008

BO NADAL!

Ola golfiñ@s! que estades facendo? Seguro que estades todos nervios@s porque esta noite chega Papá Noel e como todos e todas fostes tan boíñ@s.....
Non vos preocupedes que xa falei eu con él e dixo que habería regalos para todos e todas pero que tendes que vos deitar cedo esta noite e prometer que vos ides portar moi ben na escola e na casa.
Teño ganas de ver que me deixa a min , que fun moi boíña e comin todo o que me mandaba a miña nai para o cole.
Cando nos volvamos a ver xa será o ano 2009, ata entón as miñas fillas e eu dende A Coruña, desexamosvos BO NADAL!

Obradoiros de Nadal

Nesta última semana antes das vacacións de Nadal, as profes de E. Infantil organizaron diferentes obradoiros navideños.
Cos nenos e nenas de 3 anos fixemos un obradoiro de postres navideños e decidimos cociñar "xeado de turrón". Para iso xuntamos os ingredientes que necesitabamos e os aparellos que nos habían de facer falta, enriba da mesa:


Ingredientes:
1 tableta de turrón do brando
1 pouco de leite
2 briks de nata liquida

Modo de facelo:
Desfacemos o turrón nun bol e o batemos (coa batedora) cun pouco de leite ata formar un puré fino. Engadimos a nata líquida e o removemos. Botamos a mestura nos moldes e os metemos no conxelador

Foi preciso que todos e todas bateran un pouco, non fora que quedaran anacos sen desfacer:










Pero só o encargado tivo o privilexio de botar a mestura nos moldes:



Despois levamos os moldes para o conxelador e esperamos ata o outro día para comelos. ¡Que fríos estaban! (para ver estas fotos tendes que esperar ata despois de Nadal que as levou a profe María para a súa casa)


Outro día fixemos postais de Nadal no scanner coa profe María. Para iso collimos adornos de poñer na árbore (cintas, boliñas, estrelas,...) e os escaneamos. o resultado víase na pantalla do ordenador e logo o sacamos pola impresora.





E por último, o venres tivemos unha pequena festa de Nadal onde quixemos compartir cos nosos compañeiros e compañeiras unha das cancións que aprendimos co profe Telmo e que nos gusta moito: "Polo Pepe"


¿A que estamos moi guapos e guapas coas novas viseiras? Hai cada....

domingo, 14 de dezembro de 2008

As profes de E.I. deséxanvos BO NADAL!

Non sei se saberedes que as profes de E.Infantil despois de preparar as súas clases dedican moito tempo a unha das súas grandes paixóns: o baile. Como? Que non o creedes? Pois premede enriba deste enlace e despois opinade.

sexta-feira, 12 de dezembro de 2008

Mirar con lupa

Hoxe Lucía Pérez, da clase de 4 anos B compartiu con nós a súa colección de minerais. Todos e todas puidemos mirar a colección e para non perder detalle, a profe Uxía deixounos a súa lupa con luz. Había moitos e de moitas cores, con formas diversas, algúns dentro de botellas moi pequenas, e case todos cuns nomes rarísimos. Gustounos moito mirar coa lupa e ver todos aqueles minerais tan grandes. ¡parecíamos científicos !




Exposición sobre golfiños

Con todos os obxectos con golfiños que os nenos e nenas trouxemos para a aula, montamos unha pequena exposición.
Nela había de todo: libros de información sobre os golfiños, contos nos que os protagonistas eran golfiños, peluches, flotadores, gomas para o pelo, reloxios de mesa, tiritas, pulseiras, pinzas para o pelo, documentais en DVD, películas, cadernos de fichas de infantil,...
Como podedes supoñer os libros de información nos foron de moita axuda para o noso proxecto de investigación, cos contos disfrutamos cando os limos, o día que vimos a película "Flipper" aprendimos moito do comportamento dos golfiños sen darnos de conta,....
Dice a profe que é unha pena que non sexa verán para ir probar o flotador á Catia.


A nosa árbore de Nadal mariñeira

Este ano no cole, como estamos traballando o mar, decidimos facer unha árbore de Nadal mariñeira. Como podedes ver está feita con rede e leva adornos "mariñeiros": peixes, cunchas,...
A que nunca vistedes unha árbore tan orixinal?

segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

Operación xoguete

O pasado venres a ANPA do noso colexio informounos que querían colaborar cunha ONG que axudaba a nenos e nenas de Nicaragua. Tratábase de recoller xoguetes que non se usaran e que estiveran en bo estado, para facerllos chegar nestas datas de Nadal. Nin que decir ten que, cando a profe nos suxeriu doar os peluches que tiñamos colgados do teito para facer bonito na nosa aula a estes nenos e nenas, ninguén se opuxo e todos estivemos de acordo en que para nós só son adornos e para eles son a posibilidade de xogar e ser un pouquiño máis felices. A profe lavounos ben lavadiños e este luns fomos depositalos nunha caixa que colocaron na porta do despacho da ANPA.
Alí estaba María por parte da asociación para recoller estes xoguetes e agradecernos este xesto tan solidario.