terça-feira, 24 de novembro de 2009

Saída ao museo de historia natural

Hoxe fixemos unha saída ao Museo de Historia Natural que está na Facultade de Químicas da Universidade de Santiago.
Queríamos ver moitos dos animais dos que estamos a investigar e que viven nas lagoas de Vixán e Carregal. Alí Dani explicounos que os animais que había alí estaban "disecados", esto quere decir que morreron e despois eles lles quitaron as tripas e os secaron moito para logo enchelos con algodón e papeis. Puidemos ver coellos, gaivotas, lavancos, esquíos, corvos mariños, garzas,... e ata unha cobra de auga dentro dun bote de cristal cun líquido para que non podrecera.
Despois con Tino saimos ao parque e presentounos a Manu, un magnolio que chegou alí cando só era unha semente e que hoxe estaba de aniversario pois cumplía 75 anos. Tamén xogamos a descubrir aos amigos de Manu, un rododendro, unha tuia,... e aos que había que convidar á festa de aniversario.
queredes ver que ben o pasamos? Aí van as fotos

domingo, 22 de novembro de 2009

Día dos dereitos dos nenos e nenas

O 20 de novembro conmémorase o Día Universal dos nenos e nenas.
Na aula falamos da sorte que temos de ter nacido nunha familia que nos coida dándonos o alimento, vestido e atención médica, que nos leva á escola e non a traballar, que nos puxo un nome ao nacer,... tantas cousas que parecen do máis normal e que aínda que pareza mentira hai moitos nenos e nenas no mundo que non teñen.
Hai moitos anos que os homes e mulleres que mandan no mundo deciciron facer un decálogo no que se recollan os nosos dereitos, pero algúns aínda parece que non se enteraron de que o había e de que o tiñan que cumplir.
Aínda que nas nosas familias se respectan os nosos dereitos, fixemos un pequeno libriño onde se recollen estes 10 dereitos para levar para casa e comentar o que alí se dice.
Para que non queden dúbidas, aquí vai un video


sexta-feira, 13 de novembro de 2009

Queremos aprender galego!

Ola, somos Uxía e Breixo!



Chegamos o curso pasado ao colexio e este ano QUEREMOS APRENDER GALEGO! paseando por Aguiño. Por iso iremos ás vosas casas e pasaremos alí uns días para que xoguedes con nós e nos aprendades esa língua tan fermosa na que falades. Levaremos un caderno onde anotaredes as palabras que nos ides aprendendo fixándovos moito de que non nolas ensinaran outros nenos e nenas antes para non repetilas. Podedes pegar imaxes desas palabras, debuxalas, tirar fotos xogando con nós e pegalas,... Estaremos nas vosas casas de luns a venres e a fin de semana durmiremos no cole.
Esperamos aprender moito e pasalo moi ben con vós.
Bicos para todos e todas de Uxía e Breixo.

quinta-feira, 5 de novembro de 2009

Magosto 2009

Hoxe celebramos no noso colexio o magosto con moitas actividades nas que o pasamos moi ben antes de que chegar a hora de ir xunto á castañeira a coller as castañas quentiñas.
Ata a hora do recreo fomos pasando polos diferentes obradoiros:

Maquillaxe de outono







Ceo de outono: arte con esponxas.







Hora do conto: "A castañeira"





Fixemos actividades de outono no encerado dixital




Se queredes seguir disfrutando destas actividades na casa




só tendes que facer "clic" enriba deste enlace


Circuito de outono no ximnasio








Despois do recreo, fomos ata onde estaba a castañeira a polas castañas






e fixemos unha foto coas nais do Anpa, que colaboraron no magosto repartindo refrescos para todos e todas




Como empezou a chover, tivemos que ir comer as castañas á nosa aula






Xusto cando estabamos acabando, escoitamos o son dun acordeón e saímos a ver de onde proviña. Quen pensades que era o que tocaba? Pois o profe Telmo, e ao son do acordeón todos e todas empezamos a bailar:





Sen darnos de conta, chegou a hora de marchar para as nosas casas e xa só nos queda esperar polo Magosto do próximo ano.

quarta-feira, 4 de novembro de 2009

Saída á lagoa de Xuño

A verdade é que co que choveu onte pola noite non tiñamos moi seguro de poder ir visitar a lagoa de Xuño pero ao final o tempo dou un respiro e sobre as 10 e media da mañá o autobús recolleunos para ir visitar esta lagoa que está no veciño concello de Porto do Son.
Para tal ocasión estrenamos as viseiras novas que levan impresa unha frase moi típica en Aguiño: "e lo!"



Baixamos do autobús e nos botamos a andar por un camiño de terra




ao pouco apareceu a lagoa ante os nosos ollos




De camiño fomos mirando piñeiros, toxos, e ata cogomelos...



Xunto á lagoa hai unha casetiña de madeira no que a xente se mete para observar os paxaros, os parrulos,...



Pero antes de subir por aquela escaleira hai que coller forzas:





Agora sí que podemos observar os animais que viven na lagoa coa axuda duns prismáticos







Gustounos moito esta saída pero seguro que non tanto como cando vaiamos á nosa lagoa de Vixán.