domingo, 30 de maio de 2010

Os oficios en Aguiño: os percebeiros

Estes días estamos investigando sobre os oficios e traballos nos que se ocupan ás nosas familias. Por iso na nosa libreta de investigación apuntamos todos os traballos das nosas nais, pais, avós, avoas, tíos, tías, madriña, padriño,....

Despois na aula fixemos unha lista con todos eles e vimos que moitas mulleres traballan nas casas ou tamén nas conserveiras aínda que tamén hai quen traballa nun colexio, nun banco, nunha empresa de rotulación,... Os homes teñen moitos traballos relacionados co mar, ben sexa como mariñeiros, cociñeiros no barco, empregados nunha conserveira, percebeiros,...
Como descoñeciamos como realizaban os seus traballos, a profe Teresa propuxo chamar a un percebeiro para que viñera ao colexio e lle puideramos facer unha entrevista na que preguntarlle aquelas cousas que non sabiamos sobre o seu oficio.
Así pois, na nosa libreta de investigación escribimos a pregunta que lle queriamos facer ao percebeiro que ía vir á nosa aula e cando chegou todos e todas nos sentamos no chan coa nosa libreta na man




Que sorpresa levamos cando vimos que o percebeiro era o pai de Artai!!!!
Contounos que se levantara moi cedo para ir pescar robalizas coa súa caña e enseñounos como hai que poñerlle un peixe de mentira para engañalas e que tratando de comelo, quedaran enganchadas no anzuelo. Con moito coidado botou a caña por enriba de nós para que o viramos




e logo vimos a robaliza que pescou




e onde tiña os furados por onde quedara enganchada



Alguén de nos lle preguntou como collía os percebes e nos contou que tiñan que facelo con coidado porque era moi perigoso pois podias caer ao mar e que tiñas que levar unha roupa e calzado especial. Tamén nos dixo que cando non se podía ir aos percebes, ían coller ourizos e nos enseñou os aparellos que necesitan para elo



Trouxo moitas cousas para que as viramos: o troel para meter os percebes, o saco para botalos, o capacho, o que usan para mirar se hai pulpos debaixo da auga dende a lancha, o traxe de augas e as botas



A verdade é que aprendemos moito sobre este oficio e nos gustou que fora alguén das nosas familias o que se convertera en mestre por un día.
Moitas grazas Manolo por vir compartir este tempo con nós.


quarta-feira, 26 de maio de 2010

Visitamos a conserveira "Luis Escuris Batalla"

Seguimos investigando sobre a nosa localidade e agora estamos recollendo información sobre os traballos que ocupan ás nosas familias. Na nosas libretas de investigación aparecen moitos traballos relacionados co mar: percebeiro, empregada nunha conserveira, mariño mercante, cociñeiro do barco, atadora,...
Hoxe fomos coñecer de cerca o traballo nunha conserveira e para iso fomos á Pobra do Caramiñal á fábrica de Luis Escuris Batalla. Alí puidemos ver como as mulleres limpaban o atún, como cocían as xoubas, como facían as latas, .... Queredes velo vos tamén? pois botádelle un ollo a esta presentación



e por certo, que tal estaba o atún co que nos agasallaron? Boíiiiiiiiisimo.
Moitas grazas aos empregados e a dirección de Luis Escurís Batalla por ternos invitado a coñecer a súa empresa e por ternos tratado tan ben. Estaremos encantad@s de volver.

sábado, 1 de maio de 2010

Percorrendo Aguiño

Xa levamos uns días investigando sobre a localidade onde vivimos. Para cando rematemos este proxecto de traballo teremos localizado Aguiño nos mapas da península do Barbanza e saberemos que é unha máis das parroquias que conforman o concello de Ribeira. Ademáis nos planos situaremos as rúas onde están as nosas casas e tamén onde están os principais edificios de servizos: lonxa, correos, aula de música, casa da cultura, campo de fútbol, igrexa, centro de saúde,... Temos pensado investigar cales son os traballos que ocupan á meirande parte dos homes e mulleres de Aguiño e facerlles entrevistas para que nos conten cómo é o seu oficio. Tamén queremos saber sobre os monumentos de interese, praias, festas, tradicións, lendas, ... que teñen como protagonista Aguiño. Con toda a información que recollamos , se nos da tempo, queríamos facer unha pequena guía turística para que outros nenos e nenas que visitan o noso blogue podan saber un pouquiño máis de Aguiño e se animen a visitalo. A modo de pequeno anticipo aí van as fotos do percorrido que fixemos por Aguiño todos os nenos e nenas de E.Infantil: