quarta-feira, 2 de abril de 2008

En abril, libros mil

Hoxe é 2 de abril e celebrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil.A profe contounos que se escolleu esta data porque un 2 de abril naceu o escritor Hans Christian Andersen. Nós pensabamos que non coñeciamos ningún conto escrito por él pero coas pistas da profe démonos conta que non era así pois resulta que el fora quen escribira "o patiño feo", "Polgariña", "A princesa e o chícharo", "O traxe novo do rei", "A sereiña", "O soldadiño de chumbo", e tantos outros. Foi entón cando decidimos ir á biblioteca do cole e mirar por estes libros.Chamamos polos compañeir@s da aula de 3 anos B e a profe Silvia e alí fomos a ler os contos de Andersen á biblioteca.




















E para celebrar o día do libro a profe Teresa regalounos a cada un dos golfiños un libro chulísimo que, ó abrilo, se convertía nun barco pirata. ¡Esperemos non atopalos nunca polos mares de Aguiño!





















quinta-feira, 27 de março de 2008

¿por qué está tan contento Artai?



Hoxe é un día especial na casa de Artai. Despois de esperalo durante nove meses chegou Brigo e a profe Tere e todos os golfiños queremos felicitar á súa familia por tan boa nova.

¡¡Esperámoste Brigo!! ¡¡Queremos que medres san e forte para que pronto te xuntes a pandilla dos golfiños de Aguiño!!!

Feliz aniversario Eva

Ola amig@s, son Eva e como vedes hoxe é o meu aniversario. Xa teño 4 anos e para celebralo fixemos unha festiña no cole na que os meus compañeir@s golfiños me regalaron unha coroa feita entre tod@s. Despois compartimos o biscoito que fixo miña nai e que tiña un osiño de azucre en pó por enriba e unhas velas moi longas.
Estaba boísimo, acabámolo nun periquete pero non esquecín ir chamar pola miña irmá Aida para darlle un anaquiño. Estaba tan contenta que lle din unha aperta tan forte á pobre que casi tiro con ela .
A profe fíxome unha tarxeta de recordo deste día moi chula e todos me cantaron esta canción:






Dice a profe que xa estamos na primavera aínda que faga un frío de inverno, para ver se o bó tempo chega dunha vez aí van as fotos no medio de flores e arcos da vella

sábado, 15 de março de 2008

Visita ó museo do mar de Rianxo

Despois de ter aprendido tanto sobre a auga, e para rematar o proxecto, fixemos unha saída ó museo do mar de Rianxo. Alí vimos como se facían as dornas de xeito artesanal e aprendimos que avanzaban na auga gracias á forza do vento e axudados polos remos. Gustounos moito ver o timón, o motor e as maquetas de dornas. Ata había unha que se chamaba "Riveira". Tamén había un gran mapa no chan de toda a ría de Arousa e buscamos onde estaba Aguiño. Pasámolo moi ben ¿queredes ver as fotos? Pois aí van entre burbullas de auga

segunda-feira, 10 de março de 2008

Parabéns Carlota

Despois de contar e recontar que pronto había de ser o meu cumple, por fin chegou o día

¡¡¡¡¡Hoxe é o meu aniversario!!!!!!!


e para celebralo cos meus compañeir@s trouxen un biscoito que estaba riquiiiiiiiísimo. Non quedou nadiña, só un anaquiño para o meu irmán Julio,( non te enfades Paula pero é que estes compañei@s meus, incluida a profe Teresa son uns larpeiros e cando me quixen dar de conta comérano todo e non deixaran nada para ti)
Os meus compañeir@s me fixeron unha coroa moi bonita para levar para casa e a profe doume unha tarxeta para que teña un recordo deste día especial: o día en que cumplín 4 anos





experimentando ca auga

Despois de ter visto, oido, tocado, ulido e saboreado a auga, chegou o turno de converternos en pequenos científicos e facer sinxelos experimentos que nos descubran as principais características da auga.
Así a nosa profe Teresa propuxo un día probar a ver que pasaba cando botábamos diversos obxectos na auga como p.ex: pedras, saltarinas de goma, cristais, papeis,paus, tapas de plástico,...Descubrimos que algúns deses elementos flotaban e outros afundían sen importar o seu tamaño.







Tamén vimos que algúns elementos cando se misturaban ca auga "desaparecían", non se vían, pero cando ulíamos ou probabamos esa auga notabamos no olor ou no sabor que estaban alí. Experimentamos con aceite, vinagre, café en gran, deterxente en pó, pedras, sal, azucre,... e así descubrimos que hai sustancias que son solubles na auga e outras que non.









Outro dos nosos experimentos foi ver como a forza da auga se pode aproveitar para mover algo. A profe Gloria prestounos unha pequena noria e vimos (con axuda da ducha da bañeira) que se a auga bate nela con forza entón se pon en movemento e xira sen cesar.A profe díxonos que así é como funcionan os muiños de auga que hai nos ríos: aproveitan a forza da auga para poñer en movemento as rodas de pedra que moen o millo para facer a fariña.






Tamén vimos que a auga non sempre está en estado líquido, pois se enfriamos moitísimo a auga entón se conxela e se converte en xeo. Para iso collemos unhas bolsiñas de plástico, as enchemos de auga e as metemos no conxelador. Despois dun día fomos mirar e a auga líquida se convertera en cubiños de xeo. Como todo o queremos saber, preguntamos a que sabía e que mellor que probalo. Vimos así que o xeo non sabía a nada, non ulía a nada e non tiña cor, todo igual que a auga porque en realidade o xeo era auga só que moi, moi, moi fría.








Cando xa non quixemos chupar máis xeo, a profe Teresa dixo que o deixaramos nunha tapa de plástico e ¡oh! de alí a un pouco xa non había xeo, outra vez era auga líquida. Esto pasa porque o xeo co calor derretese e ¿que pasaría se lle desemos moita calor á auga? Con moito coidado a profe puxo auga nunha pota e a puxo nun camping-gas ;en pouco tempo empezou a saír fume da pota: era o vapor de auga , o que os maiores chaman auga en estado gaseoso.



quarta-feira, 5 de março de 2008

Outro xeito de aprender sobre a auga

Estes días estamos dalle que dalle co tema da auga e a verdade é que nos encanta. As nosas familias trouxeron información que atoparon en internet, libros de ciencia para nen@s que explicaban dun xeito sinxelo como a auga dos ríos e mares vai para as nubes, contos de animais que viven no mar, cds con debuxos feitos por rapaces do instituto nos que reflexaban o que era para eles a auga,...Pero o outro día a profe Uxía puxo na "pizarra máxica" uns videos que atopou en internet que fan que aprendamos cousas da auga pero dun xeito divertido ¿queredes velos? Só tendes que buscar na parte dereita "videos educativos" e premer nos enlaces "gota de auga" e "pompas de xabón".