quinta-feira, 15 de maio de 2008

"Roseira do teu mencer"

Estes días estamos aprendendo moitas cousas sobre o escritor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Chámase Xose María Álvarez Blázquez e era mestre (como a profe Teresa).Tivo varios fillos pero a unha delas, María Luisa, chamáballe Colorín porque era alegre e coloradiña. Xose M. Álvarez Blázquez escribiulle moitos poemas á súa filla Colorín e os recolleu no libro titulado "Roseira do teu mencer". Nós estamos a ler todolos días algúns deles e mesmo case os sabemos de memoria. Gustanos moito este que di:

Polo laranxal,
tres avelaíñas andan a voar.
Unha, dúas, tres,
de tanto que voan, vense e non se ven.
Polo laranxal,
tres avelaíñas andean a chuchar.
unha, dúas, tres,
de tanto que chuchan borrachas de mel.
Caídas no chan
tres avelaíñas polo laranxal.


Ás veces entramos en internet e xogamos cos poemas de Blázquez. Se ti queres saber máis sobre o Día das letras Galegas 2008 visita a páxina http://www.seminariogalan.org/

Eu fago sopa de letras GALEGAS

Este ano a celebración da semana das letras galegas vai ser moi especial. Ademáis de estudiar algo da vida e da obra de Xosé María Álvarez Blázquez, que é o escritor homenaxeado este ano, durante toda a semana o profesorado do centro, o conserxe e os encargados de cada aula van levar posto un mandil no que se lee " Eu fago sopa de letras GALEGAS".Dice a profe que esta é unha forma de facer ver que o galego está presente en todas as nosas tarefas diarias. Nós dicimos que se solo vai ser unha semana entón non nos vai dar tempo a levalo posto a todos así que á semana das letras galegas non lle vai quedar outra que durar 15 días.




Correlingua 2008: en galego polas rúas de Ribeira

Este ano celebrouse o Correlingua por primeira vez na Barbanza. A profe contounos que é unha carreira na que participan nenos e nenas de toda a comarca do Barbanza e coa que queren facer ver a todo o mundo que se sinten orgullosos de falar en galego porque esa é a súa lingua, a lingua na que lle contan aos seus amigos as súas cousas, na que rin cando estan ledos ou choran se están tristes. A lingua que escoitaron nada máis nacer cando as súas familias os arrolaban dicindolles "meu ben", "meu querer", "miña meniña",...a lingua que lles nace do corazón.
Este ano só foron á carreira os nenos e nenas de 4º e 6º de E. Primaria pero

¡¡¡¡¡¡¡PARA O ANO QUE VEN QUEREMOS IR NÓS TAMÉN!!!!

queremos ir ó Correlingua con todos os compañeiros de Infantil, queremos correr, xogar, e cantar e bailar co Xabarín

¡EN GALEGO! E LÓ!

Mirade que ben o pasaron












quarta-feira, 30 de abril de 2008

Feliz aniversario Carlos

Hoxe acaba o mes de abril e dice a profe que na nosa aula imos ter que cambiar o refraneiro e xa non decir "en abril, augas mil" senón "en abril, aniversarios mil" porque neste mes cumpriron anos Andrea, Manuel, Celso e Carlos.
Coma sempre os golfiñ@s facemos unha festiña para o noso homenaxeado na que cantamos, sopramos as velas, compartimos o biscoito, facémoslle a coroa,...
Aí van as fotos para o recordo


terça-feira, 29 de abril de 2008

Nenos e nenas xogan con bonecas

Como xa sabedes dende hai unhas semanas estamos a levar, cada tres días, a Aurora para as nosas casas e alí xogamos con ela, dámoslle de comer, cambiamoslle o cueiro,... A profe dice que esta é unha forma de romper co "mito" de que os nenos non xogan con bonecas porque iso é cousa de nenas. Nós cando oimos íso danos a risa porque non é certo. Na nosa clase un dos nosos recantos favoritos é a casiña e alí nenos e nenas xogamos coas bonecas, coa cociña, a facer de comer, a sair de paseo co bolso ó lombo,...
E se ós nenos nos gusta xogar con bonecas e ás nenas nos gusta xogar ó fútbol ¿que pasa? Pois nada porque non hai xogos só para nenos nin xogos só para nenas .
Todos e todas xogamos a todo, tod@s xunt@s
Para que vexades que nenos e nenas xogan con bonecas, mirade que ben coidan Celso e Andrea a Aurora nas súas casas.








segunda-feira, 28 de abril de 2008

Parabéns para ti, Celso

Ola, son Celso e como vedes estou no cole a festexar o meu cuarto aniversario cos meus compañeir@s. A miña nai estaba moi cansa onte pola noite pero como me quere moito, non dubidou en poñerse mans á obra (ou mellor dito mans na masa) e prepararme este biscoito que, por certo, estaba de chuparse os dedos.
Comímolo todiño nun instante e logo saímos o patio a disfrutar este día especial. Por suposto, antes de todo isto puxen a miña vela no mural dos que xa teñen 4 anos coa miña coroa decorada por todos os nenos e nenas da miña clase.
Foi un día especial ¿queredes velo? Pois como estamos no mes dos libros, pasa as follas ...

quarta-feira, 23 de abril de 2008

E no día do libro....un conto especial

Hoxe é o Día do Libro (de todos os libros dice a nosa profe porque hai uns días foi o día do libro infantil) e para celebralo tivemos unha representación do conto "Dona Carme" que tan ben fixeron os nenos e nenas da aula de 4ºB da profe Rosa.
Gustounos moitísimo cando saían todos os nen@s disfrazados de can, gato, porco, galo, burro, ovella,... e tentaban de espertar a Dona Carme e ela que non se enteraba porque estaba a durmir na súa cama. Despois nos preguntaron cal fora o animal que máis nos gustara e nos deron uns cromos con debuxos de contos.
¡ Moitas gracias compañeir@s por facernos pasar tan bo rato!
¿queredes ver as fotos da actuación? Aí van