quarta-feira, 4 de novembro de 2009

Saída á lagoa de Xuño

A verdade é que co que choveu onte pola noite non tiñamos moi seguro de poder ir visitar a lagoa de Xuño pero ao final o tempo dou un respiro e sobre as 10 e media da mañá o autobús recolleunos para ir visitar esta lagoa que está no veciño concello de Porto do Son.
Para tal ocasión estrenamos as viseiras novas que levan impresa unha frase moi típica en Aguiño: "e lo!"



Baixamos do autobús e nos botamos a andar por un camiño de terra




ao pouco apareceu a lagoa ante os nosos ollos




De camiño fomos mirando piñeiros, toxos, e ata cogomelos...



Xunto á lagoa hai unha casetiña de madeira no que a xente se mete para observar os paxaros, os parrulos,...



Pero antes de subir por aquela escaleira hai que coller forzas:





Agora sí que podemos observar os animais que viven na lagoa coa axuda duns prismáticos







Gustounos moito esta saída pero seguro que non tanto como cando vaiamos á nosa lagoa de Vixán.

sexta-feira, 30 de outubro de 2009

Lagoa de Vixán

Como xa sabedes, estamos a investigar sobre as lagoas e todo o que as rodea: animais que viven nela, arbustos e prantas que hai ao seu arredor, lendas que se conta que sucederon nelas, personaxes fantásticos que se dí que viviron na profundidade das súas augas...
Temos pensado facer saídas para coñecer as lagoas que hai no noso concello e outras que hai na comarca do Barbanza. Se o tempo non o impide, o vindeiro mércores iremos a visitar unha lagoa que hai en Xuño (Porto do Son) e máis adiante iremos á lagoa de Vixán que aínda que está aí ao lado en Carreira, hai moitos nenos e nenas que nunca a visitaron. Para que vos fagades unha idea, aí vai un video:

Samaín 2009

Hoxe celebramos no cole a festa do Samaín e como todos os anos visitamos a exposición de cabazas que fixemos nas casas axudados polas nosas familias. Pero ademáis tivemos a visita de dous seres moi especiais: a bruxa do Halloween e o cabezón do Samaín.




Despois do recreo fomos visitar a exposicíón coas cabazas acesas. Mirade que "chulas"

sexta-feira, 23 de outubro de 2009

Golfiños na proa

Hoxe fixemos a primeira das saídas educativas deste curso. Achegámonos ao porto de Ribeira para subir a bordo do "Nieves" e disfrutar da exposición "Golfiños na proa".
Alí baixamos á bodega do barco e a monitora explicounos unha chea de cousas sobre os golfiños: o que comen, como é o seu corpo,.... Moitas xa as sabiamos porque cando estabamos en 4 anos xa investigamos sobre estes animais, pero gustounos moito ver os cráneos, dentes, vértebras,... e ata un feto de golfiño que non puido chegar a nacer porque a nai morreu de comer tanto plástico que a xente tira ao mar....
Queredes ver as fotos? Aí van:


terça-feira, 20 de outubro de 2009

Nubeiros e nubeiras na lagoa

Estes días comezamos un novo proxecto nas aulas de E.Infantil que leva por título "Nubeiros e nubeiras na lagoa".
Ao longo deste trimestre imos investigar sobre as lagoas en diversos aspectos: características, flora, fauna, criaturas fantásticas que viven nela, lendas en torno a elas,....
Na primeira fase do proxecto investigamos nas nosas casas os lugares onde hai auga tanto dentro como fora dela e na aula fixemos unha lista con eles. Despois buscamos en internet imaxes e as gardamos nunha carpeta no ordenador.
Queredes velas? Aí van:

Parabéns Alex!

Hoxe celebramos na aula o 5º aniversario de Alex. Como ben sabedes este ano tentamos celebralos sempre en martes para no repetir no calendario de almorzos un grupo de alimentos e que quede outro sen tomar. Isto fai que ás veces os teñamos que celebrar con algúns días de retraso pero o que importa é que ao final chega o día no que cambiamos a vela de mural, sopramos as velas e compartimos o biscoito.
Aí van as fotos deste día especial!









quinta-feira, 15 de outubro de 2009

Que froita trouxemos hoxe?

Como todos os xoves, as froitas foron o grupo de alimentos que tomamos antes de saír ao patio a xogar.
A profe propuxonos que rexistraramos que froita traía cada un de nós pero dun xeito distinto ao que o viñamos facendo ata agora (en forma de listado). Tratábase de completar un cadro de dobre entrada no que estaban o nome das froitas que trouxemos e o nome de todos os nenos e nenas da aula, poñendo un gomet no cadro que correspondera.
A verdade é que ao principio a algún de nós se nos fixo algo complicado porque non eramos quen de seguir dereita a línea onde estaba o nome do neno/a , e así ás veces había alguén que parecía que tomara dúas froitas e outro/a parecía que non tomara ningunha. Pero ao pouco todos e todas fomos quen de facelo ben.








Despois contamos cantos gomets había en cada columna e así vimos que o plátano era a froita que máis se repetía (7 veces), seguido pola mandarina (4 veces), e resulta que hoxe ninguén trouxo mazá.




Pero o mellor estaba por chegar! Resulta que hoxe era o santo da profe Teresa e sorprendeunos cun postre feito con froita: empanada de mazá!
Agora sí que é certo o que decía a adiviña que aprendemos o outro día na clase:
Somos verdes e amarelas
tamén somos "coloradas"
é famosa a nosa tarta
e tamén podes comernos
sen que esteamos cociñadas.

Mirade que boa pinta tiña e como desfrutamos coméndoa.





terça-feira, 13 de outubro de 2009

Aniversario de Bea

Hoxe celebramos na aula o 5º aniversario de Bea.
A verdade é que xa o iamos celebrar a semana pasada pero a nosa compañeira estivo enferma e houbo que deixalo para hoxe. Como sempre, trouxo un riquísimo biscoito, que fixo a avoa Pepita, e que aínda que era ben grande non deixamos nin unha migalla.
Parabéns compañeira!
















quinta-feira, 8 de outubro de 2009

Pesamos froitas

Hoxe a profe Teresa propúxonos que pesaramos os nosos almorzos. Como é xoves, hoxe tocaba traer froita e fixemos unha lista coas diferentes froitas que tiñamos.
Algúns traemos a froita pelada e troceada nun "tupper" pero moitos traémola enteira.
A froita que máis se repetiu foi o plátano e decicimos pesalos e anotar os diferentes pesos no encerado


O plátano de Alex pesaba 136


O plátano de Aldara pesaba 107




O plátano de Alejandra pesaba 157

O plátano de Celso pesaba 98


O plátano de Alejandro pesaba 104



Agora había que decidir cal era o que pesaba máis e para iso houbo que discutir moito porque cada un de nós decía o que lle parecía pero a profe dixo que para iso os pesabamos.

O número que saía na báscula ao principio non nos decía moito, pero despois aprendimos que un número é máis grande que outro se ten máis cifras. Así pois o plátano de Celso era o máis pequeno porque tiña 2 cifras e todos os outros tiñan 3.

Pero... e dos outros 4, cal era o que pesaba máis? A profe explicounos que había que mirarlle o primeiro número e ver cal era máis grande, pero todos comenzaban polo 1, que facer entón? pois mirarlle o número seguinte!

Aí foi cando vimos que o plátano de Alejandra tiña un 5 despois do 1 e que non había ningún número máis grande que ese. Estaba claro pois quen o plátano de Alejandra era o que máis pesaba de todos.

Agora só faltaba comelos porque de tanto mirar para eles xa tiñamos unha fame.....