quinta-feira, 21 de fevereiro de 2008

Coñecemos a un novo amigo, Moray

O outro martes a profe Teresa dixo que non habíamos de subir á biblio porque o equipo de biblioteca do cole estaba preparando para nós unha sorpresa pero que aínda non estaba rematada. A nosa profe non nos quixo decir nada, tan só que era algo que tiña que ver cos seres máxicos que viven nos bosques.
Por fin este martes descubrimos de que se trataba. Na porta da biblioteca había un extraño ser que parecía unha estatua porque non se movía para nada. A profe Marian contounos que se trataba de Moray, un ser que vivía nun bosque moi lonxe de aquí e que un día lle meteu un bó susto cando ela andaba de compras por Ribeira. Resulta que Moray andaba a buscar polo cole de Aguiño porque lle dixeran que alí vivía a rata Honorata e xusto foi dar con Marian, que era profe nese cole. Moray contoulle a Marian historia da súa vida e de como tivera que loitar contra o dragón amarelo para salvar a unha fada . Foi entón cando Marian lle propuxo quedar con nós na biblioteca e para que non extrañara tanto o seu bosque, entre todos os nen@s do cole inventamos un bosque para el, coas súas árbores cheíñas de follas. ¡Mirade que chulo quedou!












Nenhum comentário: