segunda-feira, 14 de abril de 2008

Nace un novo proxecto: Erase un/unha bebé

Dice a profe Teresa que podíamos aproveitar o nacemento de Brigo e Hugo para investigar de onde veñen os bebés. Por iso estes días estamos a ver películas, a escoitar contos e a ver cousas que usabamos cando eramos bebés.
Moitos de nós trouxemos para a aula fotos de cando estabamos na barriga da nosa nai (ecografías)







tamén videos e fotos que fixeron as nosas familias cando nacemos, do noso primeiro baño, o primeiro biberón,...




A mamá de Carlos fíxonos este mural en cartolina onde se explica como se forman os bebés (moitas gracias Ana polo teu tempo)




Como non, tamén trouxemos o chupete que máis nos gustaba, os primeiros patucos, cueiros de tamaño mini,....


Andrea trouxo o anaquiño de cordón umbilical con pinza e todo,




e Carlos a pulseira, co nome da nosa nai, que nos poñen cando nacemos,





Tamén Breixo trouxo un libriño que conta como foi medrando dende que naceu ata que deixou a gardería para vir ó cole.

Para aprender a coidar dos bebés, a profe preparounos unha mochila cun bebé, ó que lle puxemos por nome Aurora, e todo o que necesita: biberón, babeiro, peine, roupa,..
Témola na casa tres días e con el xogamos a nais e pais colléndoa no colo, dándolle de comer, ....



Estamos aprendendo moitas cousas: que os bebés non os traen as cegoñas, nin se mercan no super aproveitando unha oferta especial,...senón que para que veña un bebé ten que haber un espermatozoide campeón que chegue a un óvulo, pero seguro que vós xa o sabiades ¿verdade?

Nenhum comentário: