quarta-feira, 28 de maio de 2008

Hugo e Brigo viñeron á escola

Como xa sabedes, neste trimestre decidimos facer un proxecto sobre bebés porque había algunhas mamás que estaban embarazadas (como as de Carlos e Artai) ou que acababan de ter unha meniña (como a mamá de Sheila).
Todas elas despois de levar durante 9 meses os seus bebés na "barriga" viñeron compartir con nós a experiencia de coidalos e trouxeron as cousas que necesitan para facelo ben: cueiros, chupete, biberón, cremas para a pel, babeiros,..
O día que veu Brigo, os seus pais nos contaron que era o que comía ( a "chucha" e tamén biberón, dixo o seu irmán Artai), onde durmía, que choraba pouco e que o facía porque non sabía falar e dalgún xeito tiña que facernos saber que tiña fame ou que lle doía a barriga,... e como parecía que tiña ganiñas de durmir "arrolámolo" entre todos recitándolle un poemiña de Xosé Mª Álvarez Blázquez que aprenderamos uns días antes coa profe Teresa.
Mirade que feitiño é o irmán de Artai:





Uns días despois da visita de Brigo veu á escola Hugo, o irmán de Carlos. A súa nai, Ana, enseñounos como se facía o biberón porque Hugo non tomaba peito. Carlos explicounos que había que botar auga no "bibe" e que despois se botaban uns polviños (o leite en pó) e que había que batelo ben . Tamén nos dixo que se botabas o leite primeiro e despois a auga non valía, que non se facía así. Mirade que ben lle da o biberón ao seu irmán:






Tamén vimos cómo lle quitaban o cueiro sucio:



Carlos enseñounos como leva ao seu irmán de paseo sen ter que deitalo no carriño: ¡como se fora unha mamá canguro!




Os bebés necesitan moitos coidados: botarlle crema, peitealos, xogar con eles,..Carlos enseñounos algúns dos obxectos que usa a súa nai con Hugo:







Antes de que Hugo e a súa nai marcharan Carlos peiteou ao seu irmán para que estivera ben guapo




e cando Carlos foi gardar o cepillo na bolsa, atopou un gorriño para o sol e non puido evitar a tentación de probalo. ¡Que riquiño!



Como podedes ver somos uns nen@s moi afortunados pois as nosas familias veñen á escola a compartir os seus coñecementos con nós.
Os golfiñ@s e a profe Teresa agradecemos ás familias de Artai e Carlos que nos permitan aprender tanto deste xeito tan especial. ¡Gracias !

Um comentário:

Anônimo disse...

por fin teño internet na miña casiña, asi que, a partir de agora millóns de agasallos para os meus golfiños/as favoritos/as

http://www.metacafe.com/watch/1041454/dolphin_play_bubble_rings/