sábado, 21 de junho de 2008

Parabens Artai

Hoxe, despois da festa de fin de curso, volvimos para a nosa aula porque tiñamos un último aniversario por celebrar. O certo é que Artai non cumpre 4 anos ata o día 26 pero como ese día xa non hai cole decidimos adiantalo. Non nos dou tempo a facerlle a coroa entre todos e por iso lle puxemos unha que tiña a profe Teresa na clase. O que sí fixemos foi dar boa conta do riquísimo biscoito que trouxo para compartir con nós. ¿Queredes velo?








Um comentário:

Sapoconcho disse...

Felices vacacións para os nen@s e profes de Aguiño. A disfrutar do verán!!!!