quarta-feira, 17 de setembro de 2008

Parabens, Alejandra

Co comezo do curso chegan tamén as celebracións de aniversario. Hoxe tocoulle o turno a Alejandra, que o pasado 5 de setembro cumpriu 4 anos pero que esperou ata hoxe para celebralo no cole. Pasámolo moi ben facendolle debuxos para agasallala, axudámoslle a soprar as velas e lle cantamos os parabens para ti. Non puidemos facer máis que unha foto porque quedamos sen pilas na cámara pero polo menos tiramos unha de recordo. Aí vai...

Um comentário:

L disse...

Ola golfiñ*s!!!
Descubrín o voso caderno de aula porque unha compañeira da miña clase,María, está a facer as súas prácticas de 2º de maxisterio infantil convosco.
Encántame o que facedes. O cole onde estou eu é moito máis aburrido:(
Entrarei a miúdo para ver as vosas cousas...
Bicos!