Todos os días cando chegamos á escola, o primeiro que facemos é quitar a chaqueta e poñer o mandilón. Despois nos sentamos para o faladoiro pero antes debemos botar a sortes quen é o encargado ou encargada.
Hoxe vai botar a sortes Carlota, que foi a encargada de onte. A canción nova que estamos dicindo é:
Chirlo merlo
vaite deitar
polas portas
do lugar
que xa te iremos
a buscar
Tocoulle a Eva ser a encargada e elexíu como axudante a Aldara. Agora hai que sacar as tarxetas dos nomes e pasar lista a ver cantos nenos e nenas están na escola e cantos quedaron na casa.
Miramos o calendario, riscamos o día que xa pasou e rodeamos o de hoxe.
Agora temos que colocar as taretas do día, data, mes, ano, estación, tempo que vai, o día de onte e o día de mañá
E con todo o que sabemos xa só queda escribir a data no encerado blanco
Despois disto falamos un pouco do que queremos ou do que nos suxire a profe. Os luns miramos o xornal e comentamos as partes que ten, o que aparece na primeira páxina, os anuncios,...Hai días que falamos das cousas que nos pasaron na casa coas nosas familias, dos sitios aos que fomos, ... pero sempre temos que respectar as normas:
1- levantar a man para pedir para falar
2- esperar a nosa quenda
3- escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras
4- falar sen berrar
Bueno, ás veces non as respectamos moito e a profe ten que recordárnolas pero pouco a pouco ímolas respectar todas.
domingo, 9 de novembro de 2008
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário