Hoxe é o día da Candeloria e segundo a crenza popular neste día os paxaros casan nas árbores, por iso di o refrán "A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa" .
Esta é unha festa de orixe celta que supón o renacer da natureza pola chegada da primavera. Na actualidade é a data escollida para celebrar o Día do Amor en Galicia e seguindo as propostas dos equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca do noso colexio decidimos conmemorar este día decíndolle a alguén que o queremos cun poema. Na aula a profe Teresa leunos varios poemas e cada un de nós escolleu o que máis lle gustou e o ilustrou cun debuxo.
Despois os metimos nun sobre e escribimos o nome da persoa ou persoas ás que llo queriamos regalar.
A profe Teresa nos regalou unhas pegatinas para que nos quede de recordo deste día cunha ilustración do artista Romero Britto
segunda-feira, 2 de fevereiro de 2009
Assinar:
Postar comentários (Atom)
5 comentários:
Ola nenos, meus avós casáronse tal día como o de oxe, xa fai moitos anos.
Casáronse o día que se casan os paxariños!!!
Saudiños de Alex.
DENDE O PORTO DE AGUIÑO SAUDAN DOUS GOLFIÑOS A TODOLOS PROFES DO CEIP DE AGUIÑO.ANDREA E DAVID
OLA ANDREA E DAVID! DE SEGURO QUE SODES OS MÁIS ENTUSIASTAS SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE. MOITAS GRACIAS POLO VOSO COMENTARIO E ÁANIMO PARA ANDREA QUE XA SABEMOS QUE ESTÁ UN POUQUIÑO ENFERMA. BICOS DA PROFE TERE
es estupendo poder conocer estas iniciativas, sigo vuestro trabajo.
HOLAS,E UNHA INICIATIVA PRECIOSA E AS NAIS ESTAMOS MOI EMOCIONADAS COAS POESIAS, FELICIDASE PROFE
Postar um comentário