quarta-feira, 3 de junho de 2009

Roteiro por Aguiño

Como ben sabedes, levamos uns días investigando sobre as sereas e a illa de Sálvora e as mestras do noso cole propuxeron facer un roteiro por Aguiño dende o que se puidera ver a nosa illa.
Por iso este martes collemos as nosas mochilas e fomos en autobús ata o miradoiro de Couso, dende alí xa podíamos divisar a illa de Sálvora! ainda que non todo o ben que nos quixeramos por mor da néboa. Collemos o camiño que nos levou á pasarela de madeira e sen apartarnos del fomos dar ao río de Pinisqueira. Aquí as mestras nos contaron que cando as nosas avoas eran nenas tiñan que vir lavar a roupa porque non había lavadoras nas casas. Que traballos pasaban carrexando a roupa en tinas enriba das súas cabezas! Só de pensalo xa nos entrou unha debilidade no corpo que tivemos que solucionar comendo unhas galletas.
Despois de coller forzas, seguimos o roteiro ata chegar ás fabricas onde traballan algunhas das nosas nais, miramos as pedras que alí hai e que teñen formas e fomos xogar á praia de Area Basta.
Pasamolo de marabilla e aínda o imos pasar mellor o vindeiro día 10 de xuño no que iremos en barco... a Sálvora !


Nenhum comentário: