quinta-feira, 10 de setembro de 2009

Novo curso, novas mestras, nova compañeira,...

Ola golfiñ@s!Como temos tan bo tempo pensabamos que as vacacións non ían acabar pero ... hoxe todos e todas volvemos a atoparnos na nosa aula.
Canto medrastes! De feito a algún case me costou traballo recoñecelo!
Pasamos unha mañá moi entretenida coñecendo ás novas mestras que nos han de dar clase de E. Física (Alicia) e Artística (Ana), xogando no patio,... e ata chegou unha nova compañeira que estaba na EEI de A Capela que se chama María e que de seguro vai estar moi contenta de pertencer aos "golfiñ@s de Aguiño".
A moitos nos costou levantarnos esta mañá pero en poucos días imos estar de novo en forma para xogar, traballar, divertirnos,... Deséxovos a todos e todas un bo curso na aula de 5 anos A.
Por certo, o vindeiro martes 15, ás 17h. haberá reunión de pais/nais na aula. Espérovos.
Bicos da profe Tere.

4 comentários:

Anônimo disse...

Adiante un novo curso, moitos folgos. Bicos dunha xoubiña.

Anônimo disse...

FELIZ CURSO GOLFIÑOS!...E MOI ESPECIALMENTE A NOVA GOLFIÑA MARIA, QUE SEGURO SERÁ MOI MOI FELIZ CON TODOS VOS! UN BICO FORTE DOS TEUS AMIGOS E AMIGAS DA E.E.I. DA CAPELA.

Anônimo disse...

benvidos de novo golfiñ@s xa votaba de menos cousas novas na páxin do blog. A ameixiña do Nordés.

Anônimo disse...

¿Sabias que no cole de meu pai hai profes que estiveron no noso cole en cursos anteriores? ¿Acordadesvos da profe Kika? tamen me dixo que hai un profe que se chama Oscar que estivo cos de 2º o ano pasado e deu ximnasia o outro. Sheila (ameixiña do Nordés)