terça-feira, 2 de fevereiro de 2010

Obradoiro de disfraces

Como todos os anos por estas datas, as mestras de E. Infantil organizamos un obradoiro de disfraces de Entroido no que todas as familias que podan e queran participar na elaboración dos disfraces dos seus fillos e fillas son benvidas.
Neste curso os nenos e nenas de E. Infantil iremos disfrazados de "bolboretinas", que son unhas personaxes fantásticas que din as lendas que viviron nas praias de Aguiño e que naceron cando unha brisa mariña entrou dentro dunha buguina e chegou ata aquelas especies mariñas que tiñan as súas dúas cunchas pegadas. Cando esta corrente chegaba ás ameixas, mexilóns,... separaba as súas cunchas e daba paso a unha bolboreta mariña.
Non hai que decir que a resposta das familias foi, un ano máis, extraordinaria e que nun plis-plas as ás das nosas 64 bolboretinas estiveron recortadas, grampadas e coas súas gomas colocadas. Xa só queda que os nosos nenos e nenas lles dean cor na aula de Artística e agardar a que chegue o venres 12 de febreiro para desfilar no tradicional pasarrúas por Aguiño.
Se queredes ver cómo traballaron as nosas familias botádelle un ollo a esta fotos







Nenhum comentário: