sábado, 29 de novembro de 2008

Un Magosto pasado por auga

Levabámolo esperando toda a semana, por iso cando o venres amaneceu caendo "chuzos de punta" non nos importou, a nosa festa do Magosto íase celebrar igual. Para este día as mestras de E.Infantil nos tiñan preparados tres obradoiros polos que fomos pasando todas as aulas.
A primeira cita da nosa aula foi coa profe Uxía no encerado dixital. Alí disfrutamos coas aventuras do verme Pepiño (de paseo por Aguiño).









A continuación as profes María, Vanesa e Iria nos puxeron a tono coa data no "obradoiro de maquillaxe do magosto"







e por último as profes Sara e Teresa nos levaron á biblioteca para xogar a buscar anacos de historias escondidos entre os contos da biblio e que despois tiñamos que compoñer por equipos.







Case sen darnos de conta chegou a hora de ir buscar as castañas asadas. Alí estaba o castañeiro co seu forno-tren esperando para darnos as castañas quentiñas.







Como chovía moito tivemos que ir comelas á aula, e para que baixaran ben a ANPA convidounos a tomar refrescos de cola.











Pero o mellor aínda estaba por chegar. De súpeto escoitamos sonar un acordeón e non dubidamos en unirnos á festa co profe Telmo. ¡Canto bailamos!








Cando deron as dúas marchamos para casa despois de ter pasado un día xenial.

quarta-feira, 26 de novembro de 2008

Unhe, dole, tele, catole ...

Como xa sabedes, para elexir o encargado ou encargada do día temos que botalo a sortes. Xa estabamos acabando a ronda do "chirlo merlo" e tiñamos que buscar outra nova cando esta apareceu diante de nós, na entrada do xinasio.
O profe Belarmino, que da clases de E.F. aos maiores, tamén usa as rimas para botar a sortes e as expón na entrada . Por iso cando nós imos coa profe Sesa as vemos e, como somos tan atrevidos, decidimos intentar aprender algunha das que usan os nenos e nenas de Primaria.
A verdade é que é algo longa pero seguro que somos quen de aprendela. Dice así:

Unhe,
dole,
tele,
catole,
quile,
quilete,
estaba a raíña no seu gabinete.
Chegou don Xil,
apagou o candil.
Candil, candilón,
conta vinte
que vinte che son.

quinta-feira, 20 de novembro de 2008

20 de novembro: Día internacional dos dereitos dos nenos e nenas

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional do dereitos dos nenos e nenas. Despois de ter unha longa sesión no faladoiro no que concluimos o afortunados e afortunadas que somos por ter unha familia que nos protexe, que nos leva á escola, que non nos manda a traballar,...fixemos un pequeno mural na porta da aula no que se recordan todos estes dereitos que nunca debemos perder.



Os nenos e nenas do mundo temos dereito:
1-a que nos axuden a medrar como persoas
2- a ter un nome
3-á alimentación e a que nos curen cando esteamos enfermos
4- a recibir coidados especiais se temos necesidades particulares
5- a medrar nunha familia e ser felices
6- a ir ao cole
7- a ser protexidos polos adultos
8- a xogar
9- a non ser discriminidados
10- a ser escoitados

E como dice o dereito número 8 "todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito a xogar", por iso a ANPA obsequiounos cun xogo para levar para a casa e xogar en familia. GRACIAS!

Amadriña/apadriña unha palabra

Seguindo as propostas do equipo de Normalización lingüística, lanzamonos á creación de poemas visuais. Antes de facer os nosos poemas, botamos un ollo aos que fixeron nas outras aulas
















e despois fixemos o noso primeiro poema coas palabras que nos viñan á cabeza cando mirabamos o bote do iogur que estabamos tomando antes de sair ao patio.


Este é o resultado


"Palabras en pingas"

quinta-feira, 13 de novembro de 2008

Sereas e Heroínas de Sálvora

Hai uns días saimos no xornal “La Voz de Galicia” porque estamos a traballar sobre as “Sereas e Heroinas de Sálvora". Isto forma parte dun Proxecto de innovación en Normalización Lingúística polo que a Xunta de Galicia nos deu uns dos 10 premios que había para os centros de toda Galicia que se presentaran.

O primeiro que se fixo foi unha reproducción do escudo de Castelao, que é o que aparece na foto do xornal





pero entre outras actividades que se van a realizar está buscar información sobre o afundimento do buque correo Santa Isabel e o papel que desenvolveron as heroínas de Sálvora.
Nós estivemos o outro día na biblioteca para buscar información sobre elas porque a nosa aula leva o seu nome. A profe buscou libros onde se contaba que hai moitos anos un barco cheo de xente foise a pique cando pasaba cerca da illa de Sálvora e que catro valentes mulleres non dubidaron en coller as súas dornas e botarse ao mar (no que había temporal cunhas olas grandísimas) para salvar a moitos homes e mulleres, nenos e nenas, que de non ser pola súa valentía non terían escapado dunha morte segura. Ata o rei lles deu unha medalla e cartos por ser tan boa xente!
Nos vimos a foto destas mulleres nun libro e tamén buscamos en Internet fotos do barco.


Se queredes saber máis das Heroinas de Sálvora podedes visitar estes enlaces
o vapor Santa Isabel


as heroinas de Sálvora

quarta-feira, 12 de novembro de 2008

Plantamos gallos

O equipo de medio ambiente do noso cole propuxonos participar nun obradoiro onde se pretende obter novas plantas a partir de gallos ("esquexes").
A profe Teresa explicounos que as plantas eran seres vivos coma nós, e que por iso nacían , crecían, tiñan "filliños" e tamén morrían. Tamén nos dixo que para ter "filliños", plantas novas, podiamos plantar sementes (como fixemos o ano pasado cando plantamos as castañas para que naceran castiñeiros)ou coller un anaquiño do talo da planta. Esto é o que lle chaman esgallar.
Para esgallar hai que facer unha mestura a partes iguais de turba de xardín e area







Nesa mestura plantamos os gallos que non deben ser moi longos nin ter follas na parte de abaixo.













Por último só queda regar e esperar a que boten raices e medren para podelos transplantar para o nos xardín.





Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración.

Froitos do outono

Cando estabamos na aula de 3 anos aprendimos moitas cousas sobre o outono: que lle caían as follas ás árbores, que os paxaros marchaban para outros lugares máis quentes, que ás veces chovía e había que poñer botas e chuvasqueiros, que se celebraba o Magosto e o Samaín, que se comían froitos secos,...
Como xa sabíamos todo isto non iamos volver a facer os mesmos traballos do ano pasado polo que a profe propuxo facer composicións plásticas cos froitos do outono. Para iso preparamos unhas tabliñas pintandoas con cores de outono




Despois botamos cola branca e pegamos enriba os froitos do outono libremente





Tamén fixemos composicións só con follas e incluso reformamos un "becho" que fixeran os nenos e nenas de 5 anos o curso pasado








Este é o resultado final. Gústavos?







Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración.

domingo, 9 de novembro de 2008

As nosas rutinas

Todos os días cando chegamos á escola, o primeiro que facemos é quitar a chaqueta e poñer o mandilón. Despois nos sentamos para o faladoiro pero antes debemos botar a sortes quen é o encargado ou encargada.
Hoxe vai botar a sortes Carlota, que foi a encargada de onte. A canción nova que estamos dicindo é:

Chirlo merlo
vaite deitar
polas portas
do lugar
que xa te iremos
a buscar



Tocoulle a Eva ser a encargada e elexíu como axudante a Aldara. Agora hai que sacar as tarxetas dos nomes e pasar lista a ver cantos nenos e nenas están na escola e cantos quedaron na casa.



Miramos o calendario, riscamos o día que xa pasou e rodeamos o de hoxe.



Agora temos que colocar as taretas do día, data, mes, ano, estación, tempo que vai, o día de onte e o día de mañá




E con todo o que sabemos xa só queda escribir a data no encerado blanco




Despois disto falamos un pouco do que queremos ou do que nos suxire a profe. Os luns miramos o xornal e comentamos as partes que ten, o que aparece na primeira páxina, os anuncios,...Hai días que falamos das cousas que nos pasaron na casa coas nosas familias, dos sitios aos que fomos, ... pero sempre temos que respectar as normas:

1- levantar a man para pedir para falar
2- esperar a nosa quenda
3- escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras
4- falar sen berrar

Bueno, ás veces non as respectamos moito e a profe ten que recordárnolas pero pouco a pouco ímolas respectar todas.

sexta-feira, 7 de novembro de 2008

Semana do medo

Esta semana estivemos traballando os contos de medo, aqueles nos que saen bruxas, lobos, vampiros,... pero que a nós xa non nos dan nada de medo porque xa sabemos que os cocóns, o home do saco, e todos eses personaxes non existen de verdade.


Así , na biblioteca as profes Sara e Teresa representaron para nós o conto "Gato Guille e os monstros" (non temos fotos porque as profes din que non poden facer as dúas cousas á vez)


A profe Vanesa trouxo unha caixiña con luz na que ían pasando as escenas dun conto de medo





Despois disfrazamonos de pantasmas e bailamos





Coa profe Uxía tiñamos pensado ir ao EDI pero xusto o día que tiñamos previsto os ordenadores non querían funcionar ben e o tivemos que deixar para a próxima semana.
Este é algun dos xogos que faremos a vindeira semana:



A profe Iria, no seu obradoiro de Artística propúxonos debuxar nun folio unha cousa que nos dera medo. Despois metimos todos os debuxos nunha caixa máxica, pintada por nós, que os fai desaparecer.





Para rematar esta semana fixemos o noso propio conto de medo.









Asustácheste? Pois vai para cama a durmir!