domingo, 16 de dezembro de 2007

a bola de papel de prata


No noso cole de Aguiño as profes dicen moitas veces que temos que comer de todo, sobre todo froitas e verduras, peixe , ...esas cousas que ás veces non nos gustan moito pero que son moi importantes para que o noso corpo medre san e forte. Por iso este ano na metade da mañá non tomamos calquera cousa para tapar ese furadiño que se nos fai no estómago senón que tomamos alimentos saudables.O luns é o día dos lácteos e levamos iogur, queixo,..o martes é o día dos cereais e levamos galletas, biscoitos,...o mércores é o día do bocata de embutido e no medio do pan poñemos chourizo, xamón, mortadela,...( non vale a "nocilla"), o xoves é o día da froita e levamos plátano, mazá, kiwi,...todo peladiño e dentro dun "tupper", e o venres é o día dos froitos secos e o chocolate.

Cando estamos comendo a profe aproveita para traballar o nome dos alimentos con nós, as normas de educación ó comer (non se fala coa boca chea, sentamonos dereitiños para que non caia nada ó chan,...), a reciclaxe de residuos (as mondas da froita na papeleira con bolsa negra, os botes do iogur van na papeleira con bolsa amarela,....) e foi entón cando decidimos facer unha gran bola co papel de aluminio co que nos envolven os bocatas. Fixemoslle unha foto a bola inicial e imoslle facer fotos cada mes ;a ver ó fin de curso que tamaño acada.


Artai fixo a primeira bola co papel de envolver o seu bocata de chourizo con pan de viena.

Nenhum comentário: