Estamos no mes de novembro, é outono e a profe Teresa estanos a contar que pasa nesta estación . Nós xa sabemos que lle caen as follas ás árbores, que vai máis frío e por iso alguns paxaros marchan para sitios onde vai máis calor, sabemos tamén que agora hai outras froitas que non había no verán como a granada, o caqui,...e que se comen froitos secos.A profe trouxo algúns destes froitos para probalos na clase e tamén nos contou o conto da castaña Catarina.Foi entón cando descubrimos a festa do Magosto e cando a profe dixo que habiamos de facer un magosto no cole, puxémonos mans á obra e fixemos coroas para levar postas ese día e tamén uns cestiños feitos con briks de leite para collermos as castañas e comelas sen botar as tonas no chan (que dice a profe que eso non se pode facer, que hai que botar o lixo sempre na papeleira). ¿Queredes ver que ben o pasamos?
Aquí estamos coas nosas coroas e o noso cestiño esperando a que o castañeiro nos bote as castañas que ten ben quentiñas dentro do tren.
Que quentiñas están ! Se cadra unha destas castañas que temos no cestiño é Catarina!
Ademáis de comer as castañas, este día tamén cantamos a canción "O vento asubía" e recitamos a poesía "O noso magosto":
Os nenos de infantil
seguindo a tradición
facemos o magosto
e comemos un montón.
Con dúas cacharelas
e leña a mogollón
asamos as castañas
e rimos a cachón.
Nenhum comentário:
Postar um comentário