quarta-feira, 2 de abril de 2008

En abril, libros mil

Hoxe é 2 de abril e celebrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil.A profe contounos que se escolleu esta data porque un 2 de abril naceu o escritor Hans Christian Andersen. Nós pensabamos que non coñeciamos ningún conto escrito por él pero coas pistas da profe démonos conta que non era así pois resulta que el fora quen escribira "o patiño feo", "Polgariña", "A princesa e o chícharo", "O traxe novo do rei", "A sereiña", "O soldadiño de chumbo", e tantos outros. Foi entón cando decidimos ir á biblioteca do cole e mirar por estes libros.Chamamos polos compañeir@s da aula de 3 anos B e a profe Silvia e alí fomos a ler os contos de Andersen á biblioteca.




















E para celebrar o día do libro a profe Teresa regalounos a cada un dos golfiños un libro chulísimo que, ó abrilo, se convertía nun barco pirata. ¡Esperemos non atopalos nunca polos mares de Aguiño!





















2 comentários:

Anônimo disse...

ola nenos de 3 anos A son david.
gustoume o voso barco pirata

Anônimo disse...

gracias David, esperemos que a túa irmá comparta contigo o libro e xoguedes xuntos