terça-feira, 8 de abril de 2008

Felicidades Manuel

¡Xa pensaba que non había de chegar este día! Primeiro me dixeron que o meu cumple era o domingo pero cando miramos o calendario para ver que día da semana é, a profe di que "os días da semana son luns, martes, mercores, xoves, venres, sábado e domingo que non hai cole" así que ese día non tería a miña festa no cole. Despois me dixeron que o ía facer uns días antes, o venres, pero púxeme maliño e non fun ó cole en catro días. Logo me dixeron que o había de facer un día despois, o luns , pero resulta que ese día era o aniversario de Andrea e claro, non lle había de quitar o sitio. Por iso digo que xa pensaba que non ía chegar nunca o día en que os meus compañeir@s me fixeran a miña coroa, me cantaran "parabéns para ti", e comeran todiño o biscoito que fixo a avoa Maruja con tanto cariño.
Dice a profe que ó fin todas as pezas cadraron como nun crebacabezas, mira a ver se eres quen de facer este coas miñas fotos


2 comentários:

Anônimo disse...

http://phpwebquest.org/wq25/caza/soporte_tabbed_c.php?id_actividad=5818&id_pagina=1

q che parece se facemos unha investigación sobre golfiños?

Anônimo disse...

http://bvg.udc.es/LetrasGalegas2008/index.html


tere para o biblioconcurso