sábado, 19 de abril de 2008

Visitounos Anxo Fariña

Hoxe tivemos unha visita especial: o escritor e ilustrador Anxo Fariña.
A profe Teresa xa nos tiña lido algúns dos seus contos na biblioteca. Os que máis nos gustan son os de "Os Pelelliños" e os de "Antón e Pompón" e por iso tiñamos moita curiosidade por ver como facía os debuxos. O que nós non sabiamos era que había de escoller a dous nen@s para lle facer un debuxo.
Carlota estaba toda emocionada cando viu que Anxo escollía ao seu irmán Julio para facerlle un retrato pero transformado en dragón.
Foi moi divertido porque decía que era quen de facer maxia, pero co rotulador, e nos pedía que bateramos palmas, ou que berraramos forte o nome das letras,...
Cando se despediu tod@s gritamos "¡Anxo Faríña, volve axiña!"
¡ Que gañas temos de que sexa martes para subir á biblioteca e mirar outra vez os seus libros!









2 comentários:

Anônimo disse...

hola, nenos e nenas de 3 anos A. Son a profe Silvia. Xa vin o ben que o pasáchedes coa visita de Anxo Fariña. Que envidia me destedes!!!!
Espero estar pronto con vós.
Un saúdo e besiños para tod@s.

Anônimo disse...

ola profe Silvia, esperamos que pronto estes ben e que volvas para o cole (que a máis de un vaille dar algo). Espero que non te dea moita envexa ao ver as fotos do conto que nos representaron hoxe os neno@s da profe Rosa. Ponte boíña. Bicos da profe Tere