Por fin chegou o día, despois dunha semana chea de mandatos do "Felipe" pudemos poñer os nosos disfraces de "polbiños da ría" e desfilar polas rúas de Aguiño. Todos os nenos e nenas do cole levaron disfraces relacionados co mar. Houbo polbiños, percebes, atadoras, percebeiros, estrelas de mar, peixiños, augamares, fondos mariños e ata piratas!
Cando chegamos ao cole puxemos os nosos disfraces e como aínda non era hora de salir aproveitamos o tempo facendo unha carauta de golfiño
Cando nos avisaron, fixemos unha fila e nos dispuxemos a marchar polas rúas de Aguiño
De volta no cole pudemos comer os doces de Entroido que fixeron as nosas familias
Agora só queda difrutar destes días de vacacións de Entroido e o xoves 26 (despois de que pasen todos os "mercantiles" como dice Manuel) volvemonos a ver no cole. Pasádeo moi ben e ¡ollo cos cocidos e as filloas!
sexta-feira, 20 de fevereiro de 2009
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Um comentário:
Ola amiguiños!! que guapos e guapas estades de polbos.Gústame moito o proxecto do mar e estades aprendendo moitas cousas, coma sempre.Un biquiños para tod@s e para a profe Teresa.Profe Silvia.
Postar um comentário