terça-feira, 10 de fevereiro de 2009

Obradoiro de disfraces de Entroido

Xa esta a piques de chegar o Entroido e no noso cole andamos todos atarefados preparando os disfraces que luciremos o venres 20 no tradicional pasarrúas por Aguiño. Como o tema dos proxectos de centro deste ano xiraba en torno ao mar, todos os disfraces das diferentes aulas do colexio terán o mar moi presente. As aulas de E. Infantil irán todas caracterizadas de "polbos da ría" e para facer o disfraces pedimos ás familias que trouxeran plástico de burbullas (preferentemente de refugallo) que logo pintamos nas aulas con diferentes cores




Despois cortamos o plástico en tiras para facer os raxos dos polbos. Houbo que facer case 500!


E, como no curso pasado, solicitamos a colaboración de todos os pais e nais que quixeran e puderan achegarse a facer os disfraces dos seus fillos e fillas. A resposta á nosa chamada non defraudou as nosas expectativas e así na tarde do martes 10 quedaron feitos todos os disfraces. En pouco máis dunha hora as profes e as familias ocupáronse de encher os 8 raxos de cada disfrace con papel de xornal e grapalos ao colar .




MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Um comentário:

Anônimo disse...

estou desexando que chegue o dia de correr o entroido, vamos a armala boa esperemos que faga bo tempo.Telmo prepara o acordeon!.Un saudo dunha estrela de mar que vive cerquiña da serea de Salvora