Nada mais chegar á aula puxémonos as camisetas que nos regalou a organización do Correlingua ( as viseiras que nos deu o Concello da Pobra deixámolas porque ben viamos que non as iamos necesitar).As mestras levaban un mandil no que se lía "Eu fago sopa de letras galegas" e todos e todas coas nosas pañoletas ao pescozo nas que se lía o nome de Aguiño, saimos cara á gran festa da lingua galega.
Cando chegamos á Pobra fomos desfilando coas nosas pancartas "mariñeiras"
O resto dos nenos e nenas do colexio tamén fixeron pancartas. Esta é a do 2º ciclo de E. Primaria
Collemos un sitio ben bo para ver todas as actuacións: primeira fila!
Que sorpresa levamos cando vimos de novo aos nosos amigos o Capitán Benito e a Grumeta Quilla! Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi a obra de teatro
Pasámolo tan ben que xa temos gans de que chegue o Correlingua 2010!!!
3 comentários:
MENUDA FESTA HABIA MONTADA! DENDE O MEU TRABALLO PODIAVOS OIR GRITAR, RIR... E MORRIA DE ENVEXA POR NON PODER ESTAR ALI EU TAMEN DISFRUTANDO.
UN BIQUIÑO PARA TODOS
e logo no teu traballo non che dan media hora para ir tomar un café?
se o chegamos a saber imos nos a falar co teu xefe para que puideras vir a festa con nos.
gracias polo que facedes polos nosos fillos, xa tedes ganado o ceo.
Postar um comentário