terça-feira, 22 de dezembro de 2009

Vacaciooooooooóns!!!!!!

Hoxe é o último día de clase por este ano, cando volvamos á aula xa será o 2010! Neste día especial pedimos os nosos desexos ao Apalpador nunha carta que fixemos na aula. Pedimos para todos e todas amor, amizade, paz,....








Despois fomos botar as nosas cartas ao buzón do Apalpador









Fixemos unha foto todos os nenos e nenas de E.Infantil




e fomos comer os doces de Nadal que trouxemos para compartir. Tamén comemos as trufas que fixemos onte, que boas estaban!





Ás doce chegou a hora da "Jusanitada". Todos os nenos e nenas do colexio saimos ao patio cos nosos 12 "jusanitos" e ao ritmo que marcaba o profe Telmo co triángulo, comémolos como se foran as 12 uvas de fin de ano. Despois fomos de festa por todas as aulas, visitando aos nosos irmáns e irmás, aos nosos amigos e amigas doutras aulas,...e así chegounos a hora de marchar para casa pero antes as mestras tamén quixeron facer a súa foto co Apalpador




COS MEUS MELLORES DESEXOS PARA TODOS OS GOLFIÑ@S DE AGUIÑO E AS SUAS FAMILIAS NO ANO 2010.
UN BICO MOI FORTE DE PARTE DA PROFE TERESA.

2 comentários:

Anônimo disse...

cacho merendola que os pequenos comen sons uns lanbetons

Eva disse...

Que chulada!! Parabéns! Como traballan estas mestras de Aguiño! Moi bonito o apalpador! Saúdos dende o Ceip de Sobrada (ceipsobrada.blogspot.com)