domingo, 24 de janeiro de 2010

De novo na aula

Ola golfiñ@s! Xa estamos de novo na aula! Novo curso e novos proxectos que desenvolver ao longo deste segundo trimestre.
Como xa sabedes, continuamos co proxecto "Nubeiros e nubeiras nas lagoas" pero agora imos investigar a flora que está preto das lagoas. Buscamos imaxes en internet das plantas, árbores e arbustos que aparecen no libro "Pequenos paseos cos pequenos" e con elas montamos este powerpoint que vimos na aula de audiovisuais.


Dice a profe que ao igual que investigamos sobre os animais que estan preto da lagoa, agora o imos facer coas plantas. Teremos que buscar información de que clases de plantas hai, que comen as plantas, como respiran, como nacen plantas novas,... Seguro que vai ser unha investigación moi interesante e como sempre poderemos levar todo o que atopemos nas casas coas nosas familias nos libros, en internet,...

Nenhum comentário: