domingo, 24 de janeiro de 2010

Investigando cos corpos xeométricos

Estes días tamén estamos a descubrir novos corpos xeométricos. Xa coñeciamos a esfera e buscamos pola aula obxectos que tiveran esta forma. Había moitisimos: a "bola" do mundo, unha canica, unha pelota, un pompón de lana, unha saltarina, unha laranxa, unha bola de plastilina,...
Agora a profe presentounos o cilindro e tivemos que buscar pola aula obxectos que tiveran esta forma. Cando aparecía algún tiñamos que tirarlle unha foto que despois puxemos na carpeta que temos no ordenador da aula. Vimos que había moitas cousas nas nosas caixas con forma de cilindo: o pegamento, os rotuladores, as ceras,.. tamén no baño había cilindros (o rollo de papel hixiénico),....
Estas foron algunhas das fotos que fixemos:






Nenhum comentário: