Seguimos aprendendo cousas novas sobre as casas. Hoxe, 18 de decembro de 2007, os nenos e nenas de Infantil fixemos unha visita ó Museo Etnográfico de Artes para ver que cousas había nas casas cando os nosos avós e avoas eran pequenos. Vimos unha lareira onde se facía de comer nun pote, tamén o vertedeiro de pedra onde se lavaba a louza, uns ferros de pasar ("plancha") que non se parecen nadiña ós que temos hoxe nas nosas casas, cámaras de tomar fotos, máquinas de escribir,o carro para ir á herba...e ata unha dorna, que foi o que máis nos gustou. Aí van algunhas fotos do que vimos:
Antes de entrar na sala paramos na cafetería para "coller forzas" despois viaxe.
Para Celso e Carlota esta é a súa primeira saída en autobús, o outro día non puideron vir porque estaban enfermos.
3 comentários:
Parabéns o cole! Qué gusto da mirar a eses nenos! O que fan, cómo o pasan, o que aprenden...
Dende Vigo desexámosvos que pasedes unhas FELICES FESTAS DE NADAL e todo o mellor para o 2008.
¡¡¡Moitos bicos!!!
Con pequenos tan preparados agárdanos un futuro moito mellor. Parabéns por todo o que facedes. Bo Nadal e mellor 2008.
Postar um comentário