quarta-feira, 30 de abril de 2008

Feliz aniversario Carlos

Hoxe acaba o mes de abril e dice a profe que na nosa aula imos ter que cambiar o refraneiro e xa non decir "en abril, augas mil" senón "en abril, aniversarios mil" porque neste mes cumpriron anos Andrea, Manuel, Celso e Carlos.
Coma sempre os golfiñ@s facemos unha festiña para o noso homenaxeado na que cantamos, sopramos as velas, compartimos o biscoito, facémoslle a coroa,...
Aí van as fotos para o recordo


terça-feira, 29 de abril de 2008

Nenos e nenas xogan con bonecas

Como xa sabedes dende hai unhas semanas estamos a levar, cada tres días, a Aurora para as nosas casas e alí xogamos con ela, dámoslle de comer, cambiamoslle o cueiro,... A profe dice que esta é unha forma de romper co "mito" de que os nenos non xogan con bonecas porque iso é cousa de nenas. Nós cando oimos íso danos a risa porque non é certo. Na nosa clase un dos nosos recantos favoritos é a casiña e alí nenos e nenas xogamos coas bonecas, coa cociña, a facer de comer, a sair de paseo co bolso ó lombo,...
E se ós nenos nos gusta xogar con bonecas e ás nenas nos gusta xogar ó fútbol ¿que pasa? Pois nada porque non hai xogos só para nenos nin xogos só para nenas .
Todos e todas xogamos a todo, tod@s xunt@s
Para que vexades que nenos e nenas xogan con bonecas, mirade que ben coidan Celso e Andrea a Aurora nas súas casas.








segunda-feira, 28 de abril de 2008

Parabéns para ti, Celso

Ola, son Celso e como vedes estou no cole a festexar o meu cuarto aniversario cos meus compañeir@s. A miña nai estaba moi cansa onte pola noite pero como me quere moito, non dubidou en poñerse mans á obra (ou mellor dito mans na masa) e prepararme este biscoito que, por certo, estaba de chuparse os dedos.
Comímolo todiño nun instante e logo saímos o patio a disfrutar este día especial. Por suposto, antes de todo isto puxen a miña vela no mural dos que xa teñen 4 anos coa miña coroa decorada por todos os nenos e nenas da miña clase.
Foi un día especial ¿queredes velo? Pois como estamos no mes dos libros, pasa as follas ...

quarta-feira, 23 de abril de 2008

E no día do libro....un conto especial

Hoxe é o Día do Libro (de todos os libros dice a nosa profe porque hai uns días foi o día do libro infantil) e para celebralo tivemos unha representación do conto "Dona Carme" que tan ben fixeron os nenos e nenas da aula de 4ºB da profe Rosa.
Gustounos moitísimo cando saían todos os nen@s disfrazados de can, gato, porco, galo, burro, ovella,... e tentaban de espertar a Dona Carme e ela que non se enteraba porque estaba a durmir na súa cama. Despois nos preguntaron cal fora o animal que máis nos gustara e nos deron uns cromos con debuxos de contos.
¡ Moitas gracias compañeir@s por facernos pasar tan bo rato!
¿queredes ver as fotos da actuación? Aí van





















sábado, 19 de abril de 2008

Visitounos Anxo Fariña

Hoxe tivemos unha visita especial: o escritor e ilustrador Anxo Fariña.
A profe Teresa xa nos tiña lido algúns dos seus contos na biblioteca. Os que máis nos gustan son os de "Os Pelelliños" e os de "Antón e Pompón" e por iso tiñamos moita curiosidade por ver como facía os debuxos. O que nós non sabiamos era que había de escoller a dous nen@s para lle facer un debuxo.
Carlota estaba toda emocionada cando viu que Anxo escollía ao seu irmán Julio para facerlle un retrato pero transformado en dragón.
Foi moi divertido porque decía que era quen de facer maxia, pero co rotulador, e nos pedía que bateramos palmas, ou que berraramos forte o nome das letras,...
Cando se despediu tod@s gritamos "¡Anxo Faríña, volve axiña!"
¡ Que gañas temos de que sexa martes para subir á biblioteca e mirar outra vez os seus libros!









segunda-feira, 14 de abril de 2008

Nace un novo proxecto: Erase un/unha bebé

Dice a profe Teresa que podíamos aproveitar o nacemento de Brigo e Hugo para investigar de onde veñen os bebés. Por iso estes días estamos a ver películas, a escoitar contos e a ver cousas que usabamos cando eramos bebés.
Moitos de nós trouxemos para a aula fotos de cando estabamos na barriga da nosa nai (ecografías)







tamén videos e fotos que fixeron as nosas familias cando nacemos, do noso primeiro baño, o primeiro biberón,...




A mamá de Carlos fíxonos este mural en cartolina onde se explica como se forman os bebés (moitas gracias Ana polo teu tempo)




Como non, tamén trouxemos o chupete que máis nos gustaba, os primeiros patucos, cueiros de tamaño mini,....


Andrea trouxo o anaquiño de cordón umbilical con pinza e todo,




e Carlos a pulseira, co nome da nosa nai, que nos poñen cando nacemos,





Tamén Breixo trouxo un libriño que conta como foi medrando dende que naceu ata que deixou a gardería para vir ó cole.

Para aprender a coidar dos bebés, a profe preparounos unha mochila cun bebé, ó que lle puxemos por nome Aurora, e todo o que necesita: biberón, babeiro, peine, roupa,..
Témola na casa tres días e con el xogamos a nais e pais colléndoa no colo, dándolle de comer, ....



Estamos aprendendo moitas cousas: que os bebés non os traen as cegoñas, nin se mercan no super aproveitando unha oferta especial,...senón que para que veña un bebé ten que haber un espermatozoide campeón que chegue a un óvulo, pero seguro que vós xa o sabiades ¿verdade?

Aguiño estase enchendo de bebés


Hai case 15 días que chegou Brigo, o irmán de Artai, e agora tocoulle o turno a Hugo, o irmán de Carlos. Os golfiños de Aguiño e a profe Teresa queremoslle dar a noraboa á familia de Carlos pola chegada deste novo membro do que tamén esperamos que se una á pandilla dos golfiños.
Queremos coñecerte así que....¡Esperámoste no cole!