quinta-feira, 24 de junho de 2010

Ata sempre golfiñ@s!!!!

Parece que foi onte e xa pasaron 3 anos!!!!
Ainda recordo aqueles pequenos golfiñ@s que chegaron aló polo mes de setembro do 2007, uns entraban como se foran " da casa de toda a vida" e outros ... como choraban! pero pouco a pouco todos e todas fómonos sentindo a gusto na aula, aprendemos a poñer o mandilón, a ir ao baño sen axuda, a xogar nos recantos respectando as regras, a recoller e ordear o material , a debuxar as letras do noso nome,... recitamos poesías, cantamos cancións, inventamos historias, convertímonos en poetas e poetisas, descubrimos novos lugares nas saídas polo entorno,... investigamos sobre estrelas de mar, ras, bebés, auga,.....CANTAS COUSAS FIXEMOS NESTE TEMPO!!!
Pero o tempo pasa e agora estes golfiñ@s nadan cara á Educación Primaria, o seu tempo na E.Infantil rematou e aínda que neste momento teñen sentimentos encontrados (pois por unha parte queren ir a 1º porque iso implica ser cada vez máis maiores, pero por outra teñen algo de medo por deixar a súa aula, na que se sinten seguros e tamén á súa profe que, sin ser a mellor do mundo mundial, sí que é a única que eles e elas coñecen)o certo é que dentro de pouco novos mestres e mestras, novos espazos de xogo, os libros e libretas,.... encherán ese oco que deixa a saída da E. infantil.
As despedidas sempre son tristes, por iso non me quero alongar máis. Deixovos con esta pequena recolleita de imaxes do que temos vivido nestes tres anos.
Milleiros de bicos para os meus golfiñ@s!! Ata sempre!!

Aniversario de Artai

Cuns días de adianto celebramos na aula o 6º aniversario de Artai.
Parabéns compañeiro!


segunda-feira, 21 de junho de 2010

Mandilón ao fogón

Mañá remata o cole e a nosa andaina en E.Infantil,
xa case somos de primeiro!!!!
e claro, rematar infantil e pasar á Primaria supón moitos cambios: novos mestres e mestras, novo patio de xogos, novos materiais,... pero tamén supón decirlle adeus ao mandilón que nos acompañou nestes tres anos. Por iso, hoxe dixemos :
MANDILÓN AO FOGÓN!!!
e fomos un a un entrando no pavillón, nunha gran carreira á primaria, quitamos o mandilón e como se a portería fora unha gran lareira botamos a "queimar" o mandilón porque xa non nos fará falta na nova etapa que comenzaremos en setembro











Despois as mestras nos pintaron as caras nun obradoiro de maquillaxe, mirade que guapos e guapas estamos





os nenos e nenas de 5ºA quixeron representar para nós a súa versión da canción que representou a España no último festival de Eurovisión




e para rematar tivemos unha gran festa na que non faltaron as patacas fritidas, os gusanitos, os refrescos,.....









e mañá máis pois ainda temos que celebrar o aniversario do noso compañeiro Artai!

domingo, 20 de junho de 2010

Un dia na praia

Xa está a piques de rematar o curso e esta é a última das nosas saídas. Durante todo este ano fixemos moitas visitas e saídas para complementar o que estabamos investigando na aula pero a de hoxe era unha saída simplemente para disfrutar dos nosos compañeiros e compañeiras de ciclo de E. Infantil agora que case, case xa somos de 1º de Primaria. O lugar escollido polas nosas mestras foi a praia de Area Basta e alí pasamos unha xornada de xogos cos caldeiros e palas na area e cun día soleado.
Mirade que ben o pasamos!

quarta-feira, 16 de junho de 2010

Visitamos os muiños de Amendo

Xa contamos cos dedos dunha man os días que faltan para que acabe o cole.
Que ganiñas temos xa!!!!
As nosas mestras, que saben o cansos/as que estamos, téñennos reservadas para estes últimos días varias saídas ao noso entorno.
Hoxe visitamos os Muiños de Amendo na compaña dos nenos e nenas da escola infantil de A Capela. Que contenta estaba María ao ver a súa antiga escola e os compañeiros e compañeiras do ano pasado!
Todos e todas disfrutamos das explicacións que nos deron sobre como funcionaban os muiños e como se pasaba nas noites de muiñada, pero o que nos deixou sen palabras foron as filloas, a empanada de mazá e o pan de millo que fixeron para nós. Estaba todo boííííísimo!!!
Se queredes ver como o pasamos, botádelle unha ollada a estas fotos:


domingo, 13 de junho de 2010

Silencio, ródase en Aguiño!

Xa hai moito tempo que nas aulas fixemos os nosos traxes para desfilar no pasarrúas de Entroido e , como non, fixemos moitas fotos. A profe Cris colleunas e montou un conto nos que os protagonistas son eses seres fantásticos que encheron as rúas de Aguiño aló polo mes de febreiro pero que, en realidade, somos nós.
Todas as aulas están disfrutando coa proxección deste conto que tanto traballiño lle dou a profe Cris e todas as familias que o desexen tamén o poderán ver o martes nas Xornadas de Portas Abertas.

Mirade que atentos estamos:


Ei, pero se estes somos nós!

quarta-feira, 9 de junho de 2010

O traballo das atadoras

Hoxe tivemos no colexio a visita de Manolita que é unha das moitas atadoras que hai en Aguiño. Nós xa tiñamos investigado sobre o traballo destas mulleres pero non viramos a ningunha amañando as redes así tan de cerca.

Manolita enseñounos que para facer unha "trampiña" para coller os lenguados hai que poñer tres redes e ir cosendoas con moito coidado para que quede ben feita e que non podan escapar os peixes. Tamén nos enseñou que van unidas a dúas cordas: unha que leva plomos para que afunda e outra que leva corchos para que flote:





Pero non só fan redes senon que tamén as amañan cando rompen. Para iso séntanse no chan e, axudándose co pe, tensan a rede para poder cosela:




Moitas grazas Manolita por achegarte ao noso cole para compartir con nós o teu oficio

terça-feira, 1 de junho de 2010

María xa ten seis, PARABÉNS!!!

Hoxe celebramos na aula o aniversario de María, ainda que dende onte xa pertence ao clube dos e das que "xa teñen seis". Pouco a pouco cada vez hai menos nenos e nenas que teñan que empregar unha soa man para decir cantos anos teñen, o próximo será Artai que os cumplirá uns días despois de que remate o cole.
Ata que chegue o momento de disfrutar doutro riquísimo biscoito feito na casa, aí van as fotos do aniversario de María.



PARABÉNS!