quinta-feira, 24 de setembro de 2009

Hoxe... batido de fresa

Seguimos traballando os hábitos de alimentación saudables e por iso hoxe fixemos na aula outra receita de cociña: batido de fresa.
Como a semana pasada, primeiro fixemos unha lista no encerado cos ingredientes



Despois discutimos entre todos o modo de facelo: algún decía que había que botar as fresas enteiras, outro que as había que cortar, que si se lle botaba primeiro o leite ou despois, que para que era o azucre,...

Ao final, concluimos que, para facer un bo batido de fresa había que:
1º- lavar as fresas e cortalas en anacos
2º- botalas nun recipiente e engadirlle leite e azucre
3º- pasalo todo pola batidora




Nin que decir ten que estaba moito máis rico que os que se compran no supermercado e que é moito máis sano pois non leva nin conservantes nin colorantes.
Así que, xa sabedes familias: a preparar moitos batidos de froitas para os golfiñ@s! Agora non tendes excusa que eles e elas xa saben a receita.




E a próxima semana, que faremos? Aceptamos suxestións no noso correo electrónico:
golfinho.golfinho@yahoo.es

terça-feira, 22 de setembro de 2009

Aniversario de Alejandra

Hoxe celebramos na aula o 5º aniversario de Alejandra. Igual que pasou con Sheila, a verdade é que xa hai uns días que cumprira anos pero non tiveramos oportunidade de celebralo antes.
A súa familia trouxo para compartir con todos e todas un doce típico da nosa zona : o carrapito.
Mirade que boa pinta ten! Como podedes imaxinar non quedou nadiña para mañá.
Parabéns Alejandra!

quinta-feira, 17 de setembro de 2009

Almorzos saudables

Estes días andamos a traballar cun conto que se títula "Unha eiruga moi larpeira". A profe di que non podemos comer moitas larpeiradas senón queremos ter dor de barriga como a eiruga e que debemos comer todos os días froita e verdura. Nós, á hora do almorzo antes de sair ao recreo, xa facemos "almorzos saudables" pois cada día da semana tomamos alimentos dun grupo distinto segundo o que di o seguinte calendario:



Como hoxe era o día da froita, a profe propuxo facer unha receita con moita froita e que non houbera que usar ningún aparato eléctrico: "macedonia de froitas".
No encerado fixemos unha lista cos ingredientes que habiamos de utilizar:



Despois explicamos o modo de facelo: pelar a froita e cortala en anacos:



e, por último, a comeeeeeeer!






terça-feira, 15 de setembro de 2009

Parabéns Sheila

Hoxe celebramos na aula o aniversario de Sheila. A verdade é que xa cumpriu anos durante as vacacións de verán pero non quería por iso de deixar de celebralo cos seus compañeiros e compañeiras. Sobra decir que o biscoito estaba riquísimo pero coa calor que ía a cobertura de chocolate derretíase nas nosas mans e nos deixaba algo pegañentos. Para outra vez vai ser mellor que non leve nada por enriba, total a nós xa nos gusta así sen nada.

Aí vai a foto na que Sheila sopra as velas do seu 5º aniversario. Parabéns!

quinta-feira, 10 de setembro de 2009

Novo curso, novas mestras, nova compañeira,...

Ola golfiñ@s!Como temos tan bo tempo pensabamos que as vacacións non ían acabar pero ... hoxe todos e todas volvemos a atoparnos na nosa aula.
Canto medrastes! De feito a algún case me costou traballo recoñecelo!
Pasamos unha mañá moi entretenida coñecendo ás novas mestras que nos han de dar clase de E. Física (Alicia) e Artística (Ana), xogando no patio,... e ata chegou unha nova compañeira que estaba na EEI de A Capela que se chama María e que de seguro vai estar moi contenta de pertencer aos "golfiñ@s de Aguiño".
A moitos nos costou levantarnos esta mañá pero en poucos días imos estar de novo en forma para xogar, traballar, divertirnos,... Deséxovos a todos e todas un bo curso na aula de 5 anos A.
Por certo, o vindeiro martes 15, ás 17h. haberá reunión de pais/nais na aula. Espérovos.
Bicos da profe Tere.