quarta-feira, 29 de outubro de 2008

Indo para o Samaín

Outro ano achegouse a data da festa do Samaín e, como é tradición, o noso centro encheuse de cabazas adornadas de moi diversos temas e con moito traballo enriba (sobre todo por parte das familias, dito sexa de paso).













terça-feira, 28 de outubro de 2008

Somos uns artistas!

Coa chegada ao cole da profe Iria, os nenos e nenas de E. Infantil estamos a disfrutar do arte. No que antes era o comedor temos un recunchiño onde creamos obras de arte, onde aprendemos cousas sobre os artistas,... Un día a profe Iria leunos o conto "O cadro máis bonito do mundo" e decidimos facer nós un.
Se queredes ver o resultado tedes que ir ao blogue da profe Iria onde tamén veredes as cousas que fan os nosos compañeiros e compañeiras das outras clases. Este é o caderno
(Naufrag@s da gaiola)

(Tamén podedes acceder dende a parte dereita do noso blogue, onde están os accesos directos a todos os blogues do cole)

Aí vai un anticipo do que alí podedes atopar



Aprendemos rimas para botar a sortes

Este ano o encargado ou encargada do día non o sabemos de antemán como cando estabamos na aula de 3 anos. Ata agora, para saber a quen lle tocaba bastaba con mirar o barquiño que temos detrás da porta coas nosas fotos e seguir a orde. Pero agora que estamos na aula de 4 anos cada día temos que rifar para ver a quen lle toca. Así aprendemos cancións de sortes ao tempo que mantemos a intriga por ver se somos nós os afortunados.
No que levamos de curso aprendemos estas rimas:

Un, dous, tres, catro
sae ti que ven o gato.


Nun café rífase un pé
ao que lle toque o número dez:
un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez.


En la casa de Pinocho todos cuentan hasta 8:
un, dos, tres, cuatro, cinco, seis, siete, ocho.



Se sabedes algunha, podedes mandala ao noso correo, ou tamén escribila no apartado de "añadir comentario". Prometemos usalas nas nosa aula.

terça-feira, 21 de outubro de 2008

Proxecto Eu son....(2)

Seguindo co noso proxecto, hoxe tocoulle o turno ás medidas. Co noso corpo pódense traballar nocións como a medida, o peso,....Coa axuda da profe Sesa medimos a nosa altura no ximnasio, despois na aula cortamos tiras igual de longo que nós e comparamos as alturas









Todas as nosas medidas quedaron reflexadas nunha gráfica que ía de máis altura a menos




Tamén no ximnasio a profe Sesa subiunos na pesa e anotou os quilos que pesamos. Despois na aula puxemos estes datos en forma de gráfica e comparamos o noso peso co dos demáis compañeiros/as, vimos así que hai quen pesa máis que nós, menos que nós ou igual que nós.
Agora xa sabemos quen son os que teñen maior altura ou peso mirando quen ten as barras máis altas, e tamén sabemos quen ten menor altura ou peso mirando quen ten as barras máis curtas.

domingo, 12 de outubro de 2008

Xogando e aprendendo na aula de Informática

Os venres é un día especial para os golfiñ@s porque repasamos moitas das cousas que traballamos na aula dun xeito especial: co ordenador. A profe Teresa xa nos enseñou cando tiñamos 3 anos a manexar o rato e agora xa somos quen de xogar nós sen axuda. Este venres estivemos a situar obxectos diante e detrás, arriba e abaixo, a contar cousas e poñer o número.... pero o que máis nos gusta é colorear debuxos. Facemos cada unha! Poñemos árbores azuis, tellados verdes, ceos laranxas,... é que xa estamos fartos de ter que pintar sempre as cousas da mesma cor.¡Que aburrido é sempre ver o ceo azul, as árbores verdes e marróns,...! Ademáis non cansamos nada as mans, fas un "clic" e xa está todo pintado. ¡¿Cando será venres de novo!?





quinta-feira, 9 de outubro de 2008

Proxecto Eu son......

Durante o mes de outubro os nenos e nenas da clase de 4 anos A estamos levando a cabo un proxecto que se chama "Eu son....". Nel dice a profe que imos investigar moitas cousas sobre quen somos,como somos, que cousas nos gustan, onde vivimos,... para iso estamos a averiguar datos como o número dos nosos zapatos, a talla do mandilón, a rúa onde está a nosa casa, o número de teléfono,....
Hoxe escribimos o noso nome co lapis, despois o escribimos no ordenador e lle puxemos as letras de cores e tamén aprendemos que se poden decir facendo as letras coa man.










Outro día collemos a cámara de fotos e a profe nos fixo unha a cada un de nós, despois as pasamos ao ordenador e as imprimimos. Despois as recortamos e as pegamos nunha ficha e lle fixemos un marco ben bonito coas ceras Manley








Tamén reflexamos sobre o papel como nos representamos

















Tamén miramos cantos anos tiñamos e o representamos cos dedos da man. Agora xa todos temos 4 menos Yensy que aínda ten que esperar a que chegue Papá Noel para cumplilos




Nos próximos días imos ver canto medimos, canto pesamos, .....Pouco a pouco imos ir completando o noso proxecto. Seguide as nosas investigacións e facede comentarios do que vos parece o noso traballo. Esperamos as vosas novas.

segunda-feira, 6 de outubro de 2008

Hoxe é o aniversario de ....ALEX

Este luns 6 de outubro os golfiñ@s celebramos que un dos nosos compañeiros está de aniversario. Alex cumple hoxe 4 anos e por iso trouxo para a escola un riquísimo biscoito para compartir con nós. Coma sempre o homenaxeado cambiou a vela de mural, puxo a coroa e soplou as velas. Pasámolo moi ben e comimos moito mellor.
Parabéns Alex!