sexta-feira, 28 de dezembro de 2007

Papá Noel visitou ós golfiños!

Hoxe 21 de decembro, ó finalizar o festival de Nadal (do que proximamente teremos imaxes) recibimos a visita de Papá Noel que, adiantandose ó día 24, quixonos deixar un pequeno agasallo. ¡Moitas gracias!




¡Bo Nadal!

Os nenos e nenas de E. Infantil da aula de 3 anos A e a profe Teresa querenvos desexar Felices Festas, que o pasedes moi ben na compañía das vosas familias, que Papá Noel vos traia paz, amor, saude,..e algún caprichiño. ¡vémonos no 2008!


medra e medra a nosa bola de papel de plata

Rematado o primeiro trimestre, e despois de ter comidos moitos e saudables bocatas de chourizo, mortadela, xamón,... este é o aspecto que presenta a bola que facemos co papel de alumnio no que veñen envoltos. Na clase de 5 anos da profe Uxía tamén a están facendo , a de eles é máis grande pero é que son máis nenos a comer bocatas....




quinta-feira, 20 de dezembro de 2007

Os golfiños van ó supermercado

Na última reunión de nais/pais, as profes Silvia e Teresa invitaron ás nosas familias a colaborar nas nosas aulas vindo a contar algunha tradición do contorno, amosando os aparellos do seu traballo, cantando unha canción, ... A nai de Lucía Pérez, da aula da profe Silvia, propuxo entón visitar o supermercado da súa familia e invitounos a nós tamén.
¡Gracias por invitarnos e polo agasallo que recibimos!

Estamos diante da porta preparados para entrar:



O primeiro que visitamos foi a charcutería e alí invitaronnos a probar o chourizo:

Na zona de lácteos, Manuel nos enseña o leite que toman na súa casa:

O carniceiro nos enseña unha galiña que ó mellor leva esa señora para facer sopa:

A mamá de Lucía Pérez, que é a dona do super, ten nas súas mans algo que a todos nos gusta:

Xa nos imos e temos que pasar por caixa a pagar o que levamos:

Foi unha experiencia xenial! Todos xuntos a facer a compra!

¡Gracias Marisa polo agasallo recibido!

Visita ó Museo Etnográfico de Artes

Seguimos aprendendo cousas novas sobre as casas. Hoxe, 18 de decembro de 2007, os nenos e nenas de Infantil fixemos unha visita ó Museo Etnográfico de Artes para ver que cousas había nas casas cando os nosos avós e avoas eran pequenos. Vimos unha lareira onde se facía de comer nun pote, tamén o vertedeiro de pedra onde se lavaba a louza, uns ferros de pasar ("plancha") que non se parecen nadiña ós que temos hoxe nas nosas casas, cámaras de tomar fotos, máquinas de escribir,o carro para ir á herba...e ata unha dorna, que foi o que máis nos gustou. Aí van algunhas fotos do que vimos:





Antes de entrar na sala paramos na cafetería para "coller forzas" despois viaxe.







Para Celso e Carlota esta é a súa primeira saída en autobús, o outro día non puideron vir porque estaban enfermos.


domingo, 16 de dezembro de 2007

Os golfiños van de excursión!

No cole estamos a traballar o tema da casa e a familia. A profe Teresa puxo un mural na cortiza da clase onde se ve unha casa e as súas distintas estancias. Estivemos a falar das cousas que hai nas cociñas, nos baños, nas salitas,... pero dice a profe que as casas non sempre foron así e que hai moito, moito tempo vivían na Barbanza uns homes e mulleres que tiñan unhas casas feitas con pedra e tellado de palla e que para sentarse a comer non tiñan cadeiras, e para durmir non tiñan camas con sábanas e edredóns, e que non tiñan ducha, nin váter,... Eran os homes e mulleres da época castrexa. Foi entón cando a profe nos preguntou se nos gustaría ir ver unha reconstrucción dunha desas casas no Castro Neixón en Boiro.

¡iamos ir de excursión! ¡a nosa primeira viaxe en autobús!

para iso preparamos uns días antes a saída vendo libros e proxeccións onde se falaba dos castrexos e as castrexas, do que comían, do que vestían, no que traballaban, das súas casas,...


Chegou o gran día, 0 mércores 18 de decembro de 2007 coas nosas mochilas ó lombo subimos o autobus...




Chegamos ó noso destino:


e antes de nada hai que comer algo, que xa son horas....





Os castrexos e castrexas non tiñan muiños eléctricos como os das nosas casas, os seus eran de pedra e ó xiraren unha das pedras sobre a outra as landras desfacíanse en fariña


A monitora explicounos neste panel qué tipo de alimentos comían os castrexos, pero nos xa o sabiamos porque o estudiamos na clase. ¡Que rapaces tan listos ! dixo a monitora cando lle adiviñabamos de quen eran as cunchas que nos enseñaba.


Despois fomos ó castro pequeno para ver os restos das casas castrexas que estan desenterrando



Volvemos para Aguiño e dice a profe Teresa que así é como terminan as excursións para moitos de nós:

non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto...

Estamos no mes de novembro, é outono e a profe Teresa estanos a contar que pasa nesta estación . Nós xa sabemos que lle caen as follas ás árbores, que vai máis frío e por iso alguns paxaros marchan para sitios onde vai máis calor, sabemos tamén que agora hai outras froitas que non había no verán como a granada, o caqui,...e que se comen froitos secos.A profe trouxo algúns destes froitos para probalos na clase e tamén nos contou o conto da castaña Catarina.Foi entón cando descubrimos a festa do Magosto e cando a profe dixo que habiamos de facer un magosto no cole, puxémonos mans á obra e fixemos coroas para levar postas ese día e tamén uns cestiños feitos con briks de leite para collermos as castañas e comelas sen botar as tonas no chan (que dice a profe que eso non se pode facer, que hai que botar o lixo sempre na papeleira). ¿Queredes ver que ben o pasamos?


Aquí estamos coas nosas coroas e o noso cestiño esperando a que o castañeiro nos bote as castañas que ten ben quentiñas dentro do tren.








Que quentiñas están ! Se cadra unha destas castañas que temos no cestiño é Catarina!




Ademáis de comer as castañas, este día tamén cantamos a canción "O vento asubía" e recitamos a poesía "O noso magosto":

Os nenos de infantil

seguindo a tradición

facemos o magosto

e comemos un montón.

Con dúas cacharelas

e leña a mogollón

asamos as castañas

e rimos a cachón.