domingo, 28 de setembro de 2008

Contos solidarios

Este venres 26 de setembro os nenos e nenas de 4 anos A e B asistimos a unha sesión de contacontos en Ribeira.Entramos dentro dus autobús especial e alí o "bardo Abelardo" fixo que pasaramos un bo rato contandonos un conto sobre o mal que se sinten os nosos bosques cando a xente os deixa cheos de lixo. Tamén disfrutamos batendo palmas ao ritmo da súa concertina, que é un instrumento musical parecido a un acordeón. Para rematar obsequiaronnos cun contiño e uns lápices de madeira para pintar. Unha mañá xenial, non si?






quarta-feira, 17 de setembro de 2008

Parabens, Alejandra

Co comezo do curso chegan tamén as celebracións de aniversario. Hoxe tocoulle o turno a Alejandra, que o pasado 5 de setembro cumpriu 4 anos pero que esperou ata hoxe para celebralo no cole. Pasámolo moi ben facendolle debuxos para agasallala, axudámoslle a soprar as velas e lle cantamos os parabens para ti. Non puidemos facer máis que unha foto porque quedamos sen pilas na cámara pero polo menos tiramos unha de recordo. Aí vai...

terça-feira, 16 de setembro de 2008

Ata sempre compañeiros!

Comenzou o novo curso cheo de novidades: material novo, novos recantos de xogo, novos mestres e mestras,..... pero despois de estrear o novo panel das rutinas démonos conta de que xa non somos 15 nenos e nenas na aula porque dous dos nosos golfiños decidiron ir navegar cara outros mares.
Marcharon do noso cole Breixo, que foi para Vigo moi preto do estadio do seu querido Celta, e tamén Carlos, que foi para o Milladoiro ao lado de Santiago. Botarémosvos de menos pero esperamos que sexades moi felices nos vosos novos coles e cos vosos novos compañeir@s. Esperamos que nos fagades algunha visita sempre que poidades e que sigamos en contacto con vós a través do noso blog.
¡Ata sempre golfiños!


segunda-feira, 8 de setembro de 2008

Ola de novo golfiñ@s!

Ola golfiñ@s! Aquí estamos de novo despois de pasar as tan merecidas vacacións de verán. Seguro que o pasáchedes moi ben xogando nas praia coas vosas familias e amig@s pero agora ... xa toca volver ao cole. Teño moitas ganas de vervos a tod@s e de que me contedes que tal vos foi nestes meses, ¡ seguro que xa medrastes tanto que nin vos conozo!.
Agárdovos o xoves 11 ás 9 da mañá (deitadevos cedo o mércores que senón a ver quen vos levanta da cama). Bicos para tod@s.