terça-feira, 23 de fevereiro de 2010

Aldara cumple 6 anos

Hoxe celebramos na aula o aniversario de Aldara, Xa ten 6 anos e como sempre comparteu con todos e todas 2 riquísimos biscoitos (é que un a nos non nos chega a nada) que fixo a tía Lola. Estaban para chupar os dedos.
Queredes ver as fotos deste día especial? Aí van


sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010

Pasarrúas por Aguiño

Por fin chegou o día que tanto estabamos esperando e polo que tanto traballamos durante estes últimos días!Hoxe saimos cos nosos traxes de "bolboretinas mariñas" polas rúas de Aguiño. Pero antes de saír tivemos a visitas das "mouras" de 3º de primaria na nosa aula





Tamén algún "ventolin" de 5ºA de primaria se achegou a facernos unha visita



Cando estivemos maquillados e vestidos puxémonos na fila para sair





Para facer moito ruido e acompañarnos estiveron os profes Telmo e Breogán



A profe Cris, que nos axudou a maquillarnos, quixo facer o pasarrúas ao noso lado



e aí estamos polas rúas de Aguiño!



Despois do pasarrúas, volvemos para o cole onde comemos as orellas, filloas, rosquillas,... que trouxeron as nosas familias para celebrar o Entroido.
Agora só queda disfrutar destes días de festa ata que o mércores o noso Felipe sexa queimado en Riveira.
Pasádeo ben golfiñ@s!Vémonos de novo o xoves 18. Bicos

quinta-feira, 11 de fevereiro de 2010

Mira que cara!

Hoxe xoves o Felipe ordenounos que pintaramos a cara como nos quixeramos, e estes foron os resultados








quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

Imos de perruquería

Este Felipe ándanos a tolear a cabeza, e nunca mellor dito porque hoxe ocorréuselle que trouxeramos unha perruca posta.
Quen coñecía a estes golfiñ@s cos pelos de cores!
A verdade é que todos e todas, incluida a profe Teresa, estabamos descoñecidos pero moi guapos. Mirade aquí







terça-feira, 9 de fevereiro de 2010

Vou co meu sombreiro agarrado ao teu ombreiro...

Hoxe martes, o Felipe ordenou que trouxeramos un sombreiro orixinal e todos e todas viñemos con el.



Despois os nenos e nenas de E. Infantil fixemos un tren e fomos cantando polo colexio "vou co meu sombreiro agarrado ao teu ombreiro" e pasámolo xenial.







Xa tendes preparada a perruca para mañá?

segunda-feira, 8 de fevereiro de 2010

O mandato do luns

Como ben sabedes o noso Felipe de Riveira trae un mandato para cada día da semana e hoxe ordenou que todos e todas trouxeramos pintado un bigote.
Meu dito, meu feito! aquí estan os bigotudos e bigotudas da aula de 5 anos A

Semana do Entroido

Xa estamos na semana do Entroido e o noso querido Felipe de Riveira trae os seus mandatos. Así dicen:
o luns traeredes pintado un bigote nas vosas caras
o martes traeredes un sombreiro orixinal
o mércores poñeredes unha perruca na vosa cabeza
o xoves é un día sorpresa e traeredes a cara pintada como queirades

e por fin chegará o venres no que iremos vestidos de bolboretinas mariñas por todo Aguiño no tradicional pasarrúas.Esperámosvos.

terça-feira, 2 de fevereiro de 2010

Obradoiro de disfraces

Como todos os anos por estas datas, as mestras de E. Infantil organizamos un obradoiro de disfraces de Entroido no que todas as familias que podan e queran participar na elaboración dos disfraces dos seus fillos e fillas son benvidas.
Neste curso os nenos e nenas de E. Infantil iremos disfrazados de "bolboretinas", que son unhas personaxes fantásticas que din as lendas que viviron nas praias de Aguiño e que naceron cando unha brisa mariña entrou dentro dunha buguina e chegou ata aquelas especies mariñas que tiñan as súas dúas cunchas pegadas. Cando esta corrente chegaba ás ameixas, mexilóns,... separaba as súas cunchas e daba paso a unha bolboreta mariña.
Non hai que decir que a resposta das familias foi, un ano máis, extraordinaria e que nun plis-plas as ás das nosas 64 bolboretinas estiveron recortadas, grampadas e coas súas gomas colocadas. Xa só queda que os nosos nenos e nenas lles dean cor na aula de Artística e agardar a que chegue o venres 12 de febreiro para desfilar no tradicional pasarrúas por Aguiño.
Se queredes ver cómo traballaron as nosas familias botádelle un ollo a esta fotos







Día da candeloria

Hoxe 2 de febreiro é o día da Candeloria, o día dos namorados e namoradas en Galicia. Segundo a crenza popular neste día casan os paxariños nas árbores e os animais comezan a xuntarse para ter crías na primavera.
Tamén é unha data que se toma de referencia para predecir o tempo e así hai refráns que din "Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora".
Para conmemorar este día no noso colexio, o equipo de Normalización Lingüística agasallounos cun autocolante no que se pode ver aos paxariños bicándose



e tamén cunha piruleta con forma de corazón coa que saimos a disfrutar deste día no patio