quarta-feira, 24 de dezembro de 2008

BO NADAL!

Ola golfiñ@s! que estades facendo? Seguro que estades todos nervios@s porque esta noite chega Papá Noel e como todos e todas fostes tan boíñ@s.....
Non vos preocupedes que xa falei eu con él e dixo que habería regalos para todos e todas pero que tendes que vos deitar cedo esta noite e prometer que vos ides portar moi ben na escola e na casa.
Teño ganas de ver que me deixa a min , que fun moi boíña e comin todo o que me mandaba a miña nai para o cole.
Cando nos volvamos a ver xa será o ano 2009, ata entón as miñas fillas e eu dende A Coruña, desexamosvos BO NADAL!

Obradoiros de Nadal

Nesta última semana antes das vacacións de Nadal, as profes de E. Infantil organizaron diferentes obradoiros navideños.
Cos nenos e nenas de 3 anos fixemos un obradoiro de postres navideños e decidimos cociñar "xeado de turrón". Para iso xuntamos os ingredientes que necesitabamos e os aparellos que nos habían de facer falta, enriba da mesa:


Ingredientes:
1 tableta de turrón do brando
1 pouco de leite
2 briks de nata liquida

Modo de facelo:
Desfacemos o turrón nun bol e o batemos (coa batedora) cun pouco de leite ata formar un puré fino. Engadimos a nata líquida e o removemos. Botamos a mestura nos moldes e os metemos no conxelador

Foi preciso que todos e todas bateran un pouco, non fora que quedaran anacos sen desfacer:










Pero só o encargado tivo o privilexio de botar a mestura nos moldes:



Despois levamos os moldes para o conxelador e esperamos ata o outro día para comelos. ¡Que fríos estaban! (para ver estas fotos tendes que esperar ata despois de Nadal que as levou a profe María para a súa casa)


Outro día fixemos postais de Nadal no scanner coa profe María. Para iso collimos adornos de poñer na árbore (cintas, boliñas, estrelas,...) e os escaneamos. o resultado víase na pantalla do ordenador e logo o sacamos pola impresora.





E por último, o venres tivemos unha pequena festa de Nadal onde quixemos compartir cos nosos compañeiros e compañeiras unha das cancións que aprendimos co profe Telmo e que nos gusta moito: "Polo Pepe"


¿A que estamos moi guapos e guapas coas novas viseiras? Hai cada....

domingo, 14 de dezembro de 2008

As profes de E.I. deséxanvos BO NADAL!

Non sei se saberedes que as profes de E.Infantil despois de preparar as súas clases dedican moito tempo a unha das súas grandes paixóns: o baile. Como? Que non o creedes? Pois premede enriba deste enlace e despois opinade.

sexta-feira, 12 de dezembro de 2008

Mirar con lupa

Hoxe Lucía Pérez, da clase de 4 anos B compartiu con nós a súa colección de minerais. Todos e todas puidemos mirar a colección e para non perder detalle, a profe Uxía deixounos a súa lupa con luz. Había moitos e de moitas cores, con formas diversas, algúns dentro de botellas moi pequenas, e case todos cuns nomes rarísimos. Gustounos moito mirar coa lupa e ver todos aqueles minerais tan grandes. ¡parecíamos científicos !




Exposición sobre golfiños

Con todos os obxectos con golfiños que os nenos e nenas trouxemos para a aula, montamos unha pequena exposición.
Nela había de todo: libros de información sobre os golfiños, contos nos que os protagonistas eran golfiños, peluches, flotadores, gomas para o pelo, reloxios de mesa, tiritas, pulseiras, pinzas para o pelo, documentais en DVD, películas, cadernos de fichas de infantil,...
Como podedes supoñer os libros de información nos foron de moita axuda para o noso proxecto de investigación, cos contos disfrutamos cando os limos, o día que vimos a película "Flipper" aprendimos moito do comportamento dos golfiños sen darnos de conta,....
Dice a profe que é unha pena que non sexa verán para ir probar o flotador á Catia.


A nosa árbore de Nadal mariñeira

Este ano no cole, como estamos traballando o mar, decidimos facer unha árbore de Nadal mariñeira. Como podedes ver está feita con rede e leva adornos "mariñeiros": peixes, cunchas,...
A que nunca vistedes unha árbore tan orixinal?

segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

Operación xoguete

O pasado venres a ANPA do noso colexio informounos que querían colaborar cunha ONG que axudaba a nenos e nenas de Nicaragua. Tratábase de recoller xoguetes que non se usaran e que estiveran en bo estado, para facerllos chegar nestas datas de Nadal. Nin que decir ten que, cando a profe nos suxeriu doar os peluches que tiñamos colgados do teito para facer bonito na nosa aula a estes nenos e nenas, ninguén se opuxo e todos estivemos de acordo en que para nós só son adornos e para eles son a posibilidade de xogar e ser un pouquiño máis felices. A profe lavounos ben lavadiños e este luns fomos depositalos nunha caixa que colocaron na porta do despacho da ANPA.
Alí estaba María por parte da asociación para recoller estes xoguetes e agradecernos este xesto tan solidario.



sábado, 29 de novembro de 2008

Proxecto Golfiños

Como xa sabedes, a nosa aula leva por nome "Heroinas de Sálvora" pero todo o mundo nos coñece polo nome do noso blogue: golfiños de Aguiño.
Como non podía ser doutro xeito, decidimos investigar sobre estes animais e por iso pedimos a colaboracion das nosas familias para que nos axuden a encontrar información nos libros que temos na casa, en internet,...
A profe Teresa levounos á biblioteca e alí buscamos libros que falan de como nacen, qué comen, onde viven,... e tamén nos enseñou videos no encerado dixital como estes:

A nena e o golfiño




Sons de golfiños




Viky- o pequeno golfiño




Na aula de informática xogaremos a

atopas ao golfiño?


quen se esconde aí?


acariña á balea azul

Se coñecedes algún outro xogo ou video sobre golfiños nos gustaría que o compartirades con nós. Podedes enviarnolo ao noso correo ou escribir na parte inferior algún comentario.
Gracias pola vosa colaboración.

Un Magosto pasado por auga

Levabámolo esperando toda a semana, por iso cando o venres amaneceu caendo "chuzos de punta" non nos importou, a nosa festa do Magosto íase celebrar igual. Para este día as mestras de E.Infantil nos tiñan preparados tres obradoiros polos que fomos pasando todas as aulas.
A primeira cita da nosa aula foi coa profe Uxía no encerado dixital. Alí disfrutamos coas aventuras do verme Pepiño (de paseo por Aguiño).









A continuación as profes María, Vanesa e Iria nos puxeron a tono coa data no "obradoiro de maquillaxe do magosto"







e por último as profes Sara e Teresa nos levaron á biblioteca para xogar a buscar anacos de historias escondidos entre os contos da biblio e que despois tiñamos que compoñer por equipos.







Case sen darnos de conta chegou a hora de ir buscar as castañas asadas. Alí estaba o castañeiro co seu forno-tren esperando para darnos as castañas quentiñas.







Como chovía moito tivemos que ir comelas á aula, e para que baixaran ben a ANPA convidounos a tomar refrescos de cola.











Pero o mellor aínda estaba por chegar. De súpeto escoitamos sonar un acordeón e non dubidamos en unirnos á festa co profe Telmo. ¡Canto bailamos!








Cando deron as dúas marchamos para casa despois de ter pasado un día xenial.