A primeira cita da nosa aula foi coa profe Uxía no encerado dixital. Alí disfrutamos coas aventuras do verme Pepiño (de paseo por Aguiño).
A continuación as profes María, Vanesa e Iria nos puxeron a tono coa data no "obradoiro de maquillaxe do magosto"
e por último as profes Sara e Teresa nos levaron á biblioteca para xogar a buscar anacos de historias escondidos entre os contos da biblio e que despois tiñamos que compoñer por equipos.
Case sen darnos de conta chegou a hora de ir buscar as castañas asadas. Alí estaba o castañeiro co seu forno-tren esperando para darnos as castañas quentiñas.
Como chovía moito tivemos que ir comelas á aula, e para que baixaran ben a ANPA convidounos a tomar refrescos de cola.
Pero o mellor aínda estaba por chegar. De súpeto escoitamos sonar un acordeón e non dubidamos en unirnos á festa co profe Telmo. ¡Canto bailamos!
Cando deron as dúas marchamos para casa despois de ter pasado un día xenial.
Nenhum comentário:
Postar um comentário