terça-feira, 29 de janeiro de 2008

Chega o Entroido

Xa faltan poucos días para que chegue o Entroido e no cole estamos a darlle os últimos retoques ós nosos disfraces, que tan ben axudaron a facer as nosas mamás. Este ano o tema escollido no cole é "seres fantásticos" e cada ciclo ou nivel teñen o seu traxe case a punto. Os nen@s de E. Infantil imos ir de gnomos co noso gorriño puntiagudo, o noso vestidiño con cinto e as nosas botiñas. ¡Que ganas temos de que chegue ese día e ir por todo Aguiño no pasarrúas saudando ós nosos veciños e amigos! E despois a comer doces típicos: orellas, filloas, rosquillas,... Pero ata que chegue o día na aula estamos a facer carautas e antifaces.




¡ Mira a ver se eres quen de coñecernos!





segunda-feira, 28 de janeiro de 2008

plantamos bulbos no xardin do cole

Hoxe os nenos de 6º de primaria invitaronnos a plantar con eles bulbos no xardín que está na entrada do colexio. Esta actividade forma parte do programa do equipo de medio ambiente do noso centro. A nós, que somos os máis pequenos do cole, encantounos o feito de realizar unha experiencia conxunta cos máis grandes. ¡ Ata as profes se animaros a sachar na terra! O certo é que non tiñan moito estilo co sacho pero elas din que "a intención é o que conta"


É de ben nacidos....ser agradecidos.

Dende aquí queremos agradecer a todas as nosas "mamis" a súa resposta á nosa chamada para colaborar no obradoiro de disfraces para o Entroido. A verdade é que esperabamos que viñerades moitas de vós, pero nunca imaxinamos que tantas. Moitísimas gracias de parte dos vosos fill@s e de todas as profes de E. Infantil

domingo, 27 de janeiro de 2008

obradoiro de xoguetes feitos con materiais de reciclaxe

No cole levamos uns días a falar dos xogos e xoguetes que xa tiñamos nas casas e dos que viñeron nestas datas de Nadal . Falamos de cales son os que nos gustan máis, de que hai que tratalos con coidado para que non rompan, de que non hai xoguetes de nenos e xoguetes de nenas pois todo@s xogamos con todos,... foi entón cando a profe Teresa non propuxo facer un xogo para a clase con materiais de reciclaxe. Así empezamos a gardar as botellas de auga que temos na clase para beber e cando tivemos 12 lles metimos un pouco de area do patio e logo as pintamos con témpera. Queredes ver como o fixemos?














só nos faltaba unha bola coa que poder tirar os birlos que acababamos de facer e que mellor que a bola de papel de aluminio que estamos facendo co papel de envolver os bocatas dos mércores.



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡a xogaaaaar!!!!





sexta-feira, 11 de janeiro de 2008

para quen son estes agasallos?

Acabamos de chegar das vacacións de Nadal, temos as casas cheíñas de regalos e estamos desexando chegar ó cole e contarlle ós nosos compañeir@s que todo o que pedimos chegou onda nós porque como fomos tan boíñ@s......
Entramos na aula e....que fan eses paquetes aí? para quen son eses agasallos? serán para nós? A profe Teresa dinos que ela tamén escribiu a carta e pedíu algo para todos no cole. Vémolo?



Construindo pontes

A profe Teresa díxonos que antes de vir para o colexio de Aguiño ela era profe dos nenos e nenas de 3 anos dun cole de Cambre, que é un concello que esta ó lado de A Coruña. Empezamos a falar de como sería ese cole, se terían coma nós unha casiña, se terían libros de contos,... e a profe enseñounos fotos de cando ela estaba alí, dos nenos e nenas que había entón , dos traballos que fixeron,... Foi entón cando a profe suxeríu a idea de escribirlles unha carta contándolles quen eramos nós, que cousas facíamos no cole, .... Entre todos decidimos qué poñer na carta e a profe escribiuna no ordenador, logo fomos a imprimila na sa de profesorado e a metimos nun sobre xunto cun pequeno agasallo, o noso calendario coa nosa dorna de portada. Chamamos por Andrés o conserxe para que a fora botar ó correo e só nos queda agardar a que chegue ó seu destino e nos manden eles outra carta.

terça-feira, 8 de janeiro de 2008

festival de Nadal

Como vos prometimos, aquí tendes as imaxes da nosa gran actuación no festival de Nadal. Non diredes que para ser a primeira vez que actuamos en público non o fixemos nada mal. Non si?