sábado, 21 de junho de 2008

Parabens Artai

Hoxe, despois da festa de fin de curso, volvimos para a nosa aula porque tiñamos un último aniversario por celebrar. O certo é que Artai non cumpre 4 anos ata o día 26 pero como ese día xa non hai cole decidimos adiantalo. Non nos dou tempo a facerlle a coroa entre todos e por iso lle puxemos unha que tiña a profe Teresa na clase. O que sí fixemos foi dar boa conta do riquísimo biscoito que trouxo para compartir con nós. ¿Queredes velo?








Festa de fin de curso

Despois de contar durante toda a semana os días que faltaban para que chegar o día de fin de curso, aquí está, hoxe dan as vacaciónse a partir de agora e ata o 11 de setembro os golfiñ@s poderemos dedicarnos ao que máis nos gusta: xogar na praia. Pero falando de xogos temos que decir que hoxe non o pasamos nada mal, pois o profesorado do colexio tiña preparado para todos e todas unha festa na que non faltou de nada: inchable, xogos de música, globoflexia, actuacións de bailes de salón e batuka,...
A primeira parada fixémola no inchable:





Despois pasamos polo obradoiro de globoflexia e alí os monitores e monitoras nos fixeron figuriñas cos globos: espadas, flores,..





Houbo tamén tempo para xogar coa corda:



Entre todos os nenos e nenas fixemos un tren que se movía ao ritmo da música:





O que máis nos gustou foi ver a todo o profesorado bailando ao ritmo de John Travolta







Con tanto movemento estabamos agotados por iso sentámonos no chan para descansar vendo as actuacións de bailes de salón e batuka dos nenos e nenas que van a estas actividades extraescolares. ¡Fixéronno moi ben!
Despois destas actuacións acabou a festa, agora só queda ir para a aula e recoller todo pois xa non volvemos ata o 11 de setembro, pero antes de marchar para casa aínda nos queda un último "traballo": celebrar o aniversario (cuns días de adianto) de Artai.

quinta-feira, 19 de junho de 2008

Última saída do curso 2007-2008: xogamos en Couso

Hoxe fixemos a última saída deste curso que mañá acaba. Esta fora unha saída xa programada para o luns pasado pero por culpa da chuvia suspendémola para hoxe e ... tampouco é que tiveramos moita sorte. Cando saímos do cole o ceo estaba cuberto de nubes pero cando chegamos á praia a Couso as nubes xa deixaban caer un fino orballo que fixo que deramos volta de contado pois do contrario acabariamos empapados.
Como proba de que estivemos 5 minutos na praia só temos esta foto:



Temos que agradecer a Eva e Milagros, nai e avoa de Uxía da clase da profe Paula, que nos deixaran pasar esta mañá na súa casa de Couso. De non ser por elas teríamos que ter volto para o cole ao non haber lugar onde resguardarnos da chuvia. O porche da súa casa permitiunos tomar o bocata sen mollarnos:









Despois do bocata o tempo deunos un respiro e puidemos sair ao campo a cantar coa profe Paula a canción do foguete



Máis tarde, a nai de Uxía deixounos ver algúns dos animais que teñen na súa casa




Algúns de nós non dubidamos en acariñar aos cabalos e darlle de comer un pouco de herba









Non puidemos facer todo o que tiñamos pensado (xogar na praia, xogar no campo, xogar nas pedras,....) pero tampouco estivo mal. O importante era pasar unha mañá disfrutando de todos e todas as nosas compañeiras e compañeiros e iso seguro que o conseguimos.

Sheila e o mandil

Sheila foi unha das últimas nenas da aula en levar o mandil pero non por iso o deixou de usar para axudar nas tarefas dentro e fóra da casa. Como veredes coida á súa irmá Laura tan ben como coidou da nosa Aurora e asegurase de que coma toda a papilla:







Despois de que Laura acabara, Sheila saiu fóra e lavou o chan coa mangueira.





Da gusto ver que os nosos compañeiros e compañeiras non teñen ningún reparo en realizar tarefas que de sempre se asociaron coas mulleres. Dice a profe Teresa que isto é sinal de que algo está cambiando na sociedade e nós imos facer todo o posible por que siga cambiando.

quarta-feira, 18 de junho de 2008

Volta ciclista (en triciclo) no patio do cole

Como xa vos adiantaramos hai uns días, hoxe celebrouse a Gran Volta Ciclista(modalidade triciclo) do Ceip de Aguiño. A etapa de hoxe era unha contra-reloxio por equipos. En grupos de 4, os nenos e nenas de E.I 3 anos A e B disputaron unha etapa que a priori parecía non ter moita complicación pero que deparou grandes sorpresas. Houbo problemas técnicos con algúns triciclos e ata algún corredor favorito non foi quen de finalizar a etapa. En fin, "emoción, intriga e dor de barriga" que dice a profe Tere. Como esta proba non era puntuable, ao fin todos e todas subiron ao podio e recibiron as súas correspondentes medallas de ouro. ¡Que menos! Aí van as fotos deste gran acontecemento.

A profe Silvia cos banderíns



Grupo número 1: Alejandro, Alejandra, David e Noelia:





Grupo 2: Eva, Ramón, Manuel e Ainhoa







Grupo 3: Carlos, Carlota, Lucía Pérez e Iago






Grupo 4: Celso, Alex, Uxía e Miguel








Grupo 5: Artai, Sheila, Lucía Rosal e Iria













Grupo 6: Aldara, Andrea, Aaron e Samuel