quarta-feira, 18 de junho de 2008

Volta ciclista (en triciclo) no patio do cole

Como xa vos adiantaramos hai uns días, hoxe celebrouse a Gran Volta Ciclista(modalidade triciclo) do Ceip de Aguiño. A etapa de hoxe era unha contra-reloxio por equipos. En grupos de 4, os nenos e nenas de E.I 3 anos A e B disputaron unha etapa que a priori parecía non ter moita complicación pero que deparou grandes sorpresas. Houbo problemas técnicos con algúns triciclos e ata algún corredor favorito non foi quen de finalizar a etapa. En fin, "emoción, intriga e dor de barriga" que dice a profe Tere. Como esta proba non era puntuable, ao fin todos e todas subiron ao podio e recibiron as súas correspondentes medallas de ouro. ¡Que menos! Aí van as fotos deste gran acontecemento.

A profe Silvia cos banderíns



Grupo número 1: Alejandro, Alejandra, David e Noelia:





Grupo 2: Eva, Ramón, Manuel e Ainhoa







Grupo 3: Carlos, Carlota, Lucía Pérez e Iago






Grupo 4: Celso, Alex, Uxía e Miguel








Grupo 5: Artai, Sheila, Lucía Rosal e Iria













Grupo 6: Aldara, Andrea, Aaron e Samuel





Um comentário:

Anônimo disse...

gustoume moito a volta ciclista,pero teria merito ver participar as profes ¿quen gañaria? ¿seria tere, silvia,paula, uxia ou quizas kika?
a resposta...para o proximo ano