sábado, 14 de junho de 2008

Un día na praia do Vilar

Hoxe os golfiñ@s estamos moi contentos porque imos ir ao Parque Natural e Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Vixán e Carregal. Este é un lugar onde as plantas e animais que viven aquí están protexidos polo que a profe Teresa dice que hai que andar polos camiños marcados e sobre pasarelas de madeira para non acabar con eles.
A nós fainos moita ilusión viaxar en autobús aínda que sexa pouco tempo, mirade que contentos van algúns:





A nosa primeira parada foi no centro de recepción de visitantes que está antes de chegar á praia do Vilar:



Como podedes ver iamos moi ben preparados para protexernos do sol coas viseiras que nos regalou o Equipo de Normalización Lingüística do colexio nas que se pode ler "Non fai sol? Si tal" . Boa falta nos fixeron pois a guía do parque nos levou a facer un pequeno percorrido polo parque natural ata a praia do Vilar. Alí nos propuxo facer equipos de 5 nenos e nenas con distintivos de cores para buscar "tesouros" na praia







O xogo consistía en percorrer o areal e meter no caldeiro que levaba o responsable de cada equipo todo o que atopáramos na area:







Atopamos na area un paxaro morto. A guía díxonos que era un mascato, unha ave parecida a unha gaivota pero de maior tamaño:




Cando estaban cheos, baleiramos os caldeiros enriba dunha manta azul e clasificamos os obxectos atopados segundo foran propios da praia (cunchas, algas, ...) ou traidos pola xente (cordas, plásticos,...)






Eva quería levar unhas cunchas para casa pero a guía díxonos que as cousas da praia deben quedar nela se queremos sempre vela ben bonita, as cunchas adornan o areal. O que sempre debemos levar é o lixo que afea a praia: os botes de iogur, o papel de envolver os bocatas,...







Pouco despois Celso fixo un descubrimento: hai paus con forma de letras, neste caso de letra N




Xa estabamos un pouco cansos e recollimos todo para subir pola pasarela ao pinar:




Diante do centro de recepción de visitantes, quitamos as areas das zapatillas, abrimos as mochilas e demos boa conta dos bocatas que nos prepararon as nosas familias:







Antes de regresar ao cole fixemos unha foto de grupo:



Pasamos unha mañá estupenda: xogamos, aprendemos, disfrutamos dun entorno natural marabilloso,....pero esto non acaba aquí pois o vindeiro luns iremos a Couso. Vémonos!

Nenhum comentário: