sábado, 29 de novembro de 2008

Proxecto Golfiños

Como xa sabedes, a nosa aula leva por nome "Heroinas de Sálvora" pero todo o mundo nos coñece polo nome do noso blogue: golfiños de Aguiño.
Como non podía ser doutro xeito, decidimos investigar sobre estes animais e por iso pedimos a colaboracion das nosas familias para que nos axuden a encontrar información nos libros que temos na casa, en internet,...
A profe Teresa levounos á biblioteca e alí buscamos libros que falan de como nacen, qué comen, onde viven,... e tamén nos enseñou videos no encerado dixital como estes:

A nena e o golfiño




Sons de golfiños




Viky- o pequeno golfiño




Na aula de informática xogaremos a

atopas ao golfiño?


quen se esconde aí?


acariña á balea azul

Se coñecedes algún outro xogo ou video sobre golfiños nos gustaría que o compartirades con nós. Podedes enviarnolo ao noso correo ou escribir na parte inferior algún comentario.
Gracias pola vosa colaboración.

Un Magosto pasado por auga

Levabámolo esperando toda a semana, por iso cando o venres amaneceu caendo "chuzos de punta" non nos importou, a nosa festa do Magosto íase celebrar igual. Para este día as mestras de E.Infantil nos tiñan preparados tres obradoiros polos que fomos pasando todas as aulas.
A primeira cita da nosa aula foi coa profe Uxía no encerado dixital. Alí disfrutamos coas aventuras do verme Pepiño (de paseo por Aguiño).









A continuación as profes María, Vanesa e Iria nos puxeron a tono coa data no "obradoiro de maquillaxe do magosto"







e por último as profes Sara e Teresa nos levaron á biblioteca para xogar a buscar anacos de historias escondidos entre os contos da biblio e que despois tiñamos que compoñer por equipos.







Case sen darnos de conta chegou a hora de ir buscar as castañas asadas. Alí estaba o castañeiro co seu forno-tren esperando para darnos as castañas quentiñas.







Como chovía moito tivemos que ir comelas á aula, e para que baixaran ben a ANPA convidounos a tomar refrescos de cola.











Pero o mellor aínda estaba por chegar. De súpeto escoitamos sonar un acordeón e non dubidamos en unirnos á festa co profe Telmo. ¡Canto bailamos!








Cando deron as dúas marchamos para casa despois de ter pasado un día xenial.

quarta-feira, 26 de novembro de 2008

Unhe, dole, tele, catole ...

Como xa sabedes, para elexir o encargado ou encargada do día temos que botalo a sortes. Xa estabamos acabando a ronda do "chirlo merlo" e tiñamos que buscar outra nova cando esta apareceu diante de nós, na entrada do xinasio.
O profe Belarmino, que da clases de E.F. aos maiores, tamén usa as rimas para botar a sortes e as expón na entrada . Por iso cando nós imos coa profe Sesa as vemos e, como somos tan atrevidos, decidimos intentar aprender algunha das que usan os nenos e nenas de Primaria.
A verdade é que é algo longa pero seguro que somos quen de aprendela. Dice así:

Unhe,
dole,
tele,
catole,
quile,
quilete,
estaba a raíña no seu gabinete.
Chegou don Xil,
apagou o candil.
Candil, candilón,
conta vinte
que vinte che son.

quinta-feira, 20 de novembro de 2008

20 de novembro: Día internacional dos dereitos dos nenos e nenas

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional do dereitos dos nenos e nenas. Despois de ter unha longa sesión no faladoiro no que concluimos o afortunados e afortunadas que somos por ter unha familia que nos protexe, que nos leva á escola, que non nos manda a traballar,...fixemos un pequeno mural na porta da aula no que se recordan todos estes dereitos que nunca debemos perder.



Os nenos e nenas do mundo temos dereito:
1-a que nos axuden a medrar como persoas
2- a ter un nome
3-á alimentación e a que nos curen cando esteamos enfermos
4- a recibir coidados especiais se temos necesidades particulares
5- a medrar nunha familia e ser felices
6- a ir ao cole
7- a ser protexidos polos adultos
8- a xogar
9- a non ser discriminidados
10- a ser escoitados

E como dice o dereito número 8 "todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito a xogar", por iso a ANPA obsequiounos cun xogo para levar para a casa e xogar en familia. GRACIAS!

Amadriña/apadriña unha palabra

Seguindo as propostas do equipo de Normalización lingüística, lanzamonos á creación de poemas visuais. Antes de facer os nosos poemas, botamos un ollo aos que fixeron nas outras aulas
















e despois fixemos o noso primeiro poema coas palabras que nos viñan á cabeza cando mirabamos o bote do iogur que estabamos tomando antes de sair ao patio.


Este é o resultado


"Palabras en pingas"

quinta-feira, 13 de novembro de 2008

Sereas e Heroínas de Sálvora

Hai uns días saimos no xornal “La Voz de Galicia” porque estamos a traballar sobre as “Sereas e Heroinas de Sálvora". Isto forma parte dun Proxecto de innovación en Normalización Lingúística polo que a Xunta de Galicia nos deu uns dos 10 premios que había para os centros de toda Galicia que se presentaran.

O primeiro que se fixo foi unha reproducción do escudo de Castelao, que é o que aparece na foto do xornal





pero entre outras actividades que se van a realizar está buscar información sobre o afundimento do buque correo Santa Isabel e o papel que desenvolveron as heroínas de Sálvora.
Nós estivemos o outro día na biblioteca para buscar información sobre elas porque a nosa aula leva o seu nome. A profe buscou libros onde se contaba que hai moitos anos un barco cheo de xente foise a pique cando pasaba cerca da illa de Sálvora e que catro valentes mulleres non dubidaron en coller as súas dornas e botarse ao mar (no que había temporal cunhas olas grandísimas) para salvar a moitos homes e mulleres, nenos e nenas, que de non ser pola súa valentía non terían escapado dunha morte segura. Ata o rei lles deu unha medalla e cartos por ser tan boa xente!
Nos vimos a foto destas mulleres nun libro e tamén buscamos en Internet fotos do barco.


Se queredes saber máis das Heroinas de Sálvora podedes visitar estes enlaces
o vapor Santa Isabel


as heroinas de Sálvora

quarta-feira, 12 de novembro de 2008

Plantamos gallos

O equipo de medio ambiente do noso cole propuxonos participar nun obradoiro onde se pretende obter novas plantas a partir de gallos ("esquexes").
A profe Teresa explicounos que as plantas eran seres vivos coma nós, e que por iso nacían , crecían, tiñan "filliños" e tamén morrían. Tamén nos dixo que para ter "filliños", plantas novas, podiamos plantar sementes (como fixemos o ano pasado cando plantamos as castañas para que naceran castiñeiros)ou coller un anaquiño do talo da planta. Esto é o que lle chaman esgallar.
Para esgallar hai que facer unha mestura a partes iguais de turba de xardín e area







Nesa mestura plantamos os gallos que non deben ser moi longos nin ter follas na parte de abaixo.













Por último só queda regar e esperar a que boten raices e medren para podelos transplantar para o nos xardín.





Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración.

Froitos do outono

Cando estabamos na aula de 3 anos aprendimos moitas cousas sobre o outono: que lle caían as follas ás árbores, que os paxaros marchaban para outros lugares máis quentes, que ás veces chovía e había que poñer botas e chuvasqueiros, que se celebraba o Magosto e o Samaín, que se comían froitos secos,...
Como xa sabíamos todo isto non iamos volver a facer os mesmos traballos do ano pasado polo que a profe propuxo facer composicións plásticas cos froitos do outono. Para iso preparamos unhas tabliñas pintandoas con cores de outono




Despois botamos cola branca e pegamos enriba os froitos do outono libremente





Tamén fixemos composicións só con follas e incluso reformamos un "becho" que fixeran os nenos e nenas de 5 anos o curso pasado








Este é o resultado final. Gústavos?







Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración.