sábado, 29 de novembro de 2008

Proxecto Golfiños

Como xa sabedes, a nosa aula leva por nome "Heroinas de Sálvora" pero todo o mundo nos coñece polo nome do noso blogue: golfiños de Aguiño.
Como non podía ser doutro xeito, decidimos investigar sobre estes animais e por iso pedimos a colaboracion das nosas familias para que nos axuden a encontrar información nos libros que temos na casa, en internet,...
A profe Teresa levounos á biblioteca e alí buscamos libros que falan de como nacen, qué comen, onde viven,... e tamén nos enseñou videos no encerado dixital como estes:

A nena e o golfiño




Sons de golfiños




Viky- o pequeno golfiño




Na aula de informática xogaremos a

atopas ao golfiño?


quen se esconde aí?


acariña á balea azul

Se coñecedes algún outro xogo ou video sobre golfiños nos gustaría que o compartirades con nós. Podedes enviarnolo ao noso correo ou escribir na parte inferior algún comentario.
Gracias pola vosa colaboración.

Um comentário:

profe Rosa disse...

Parabéns Teresa. Encántame mirarvos de vez en cando. Mándoche un bico agarimoso desde este Ferroliño que queda tan lonxe, e á vez tan preto.