quarta-feira, 28 de maio de 2008

Hugo e Brigo viñeron á escola

Como xa sabedes, neste trimestre decidimos facer un proxecto sobre bebés porque había algunhas mamás que estaban embarazadas (como as de Carlos e Artai) ou que acababan de ter unha meniña (como a mamá de Sheila).
Todas elas despois de levar durante 9 meses os seus bebés na "barriga" viñeron compartir con nós a experiencia de coidalos e trouxeron as cousas que necesitan para facelo ben: cueiros, chupete, biberón, cremas para a pel, babeiros,..
O día que veu Brigo, os seus pais nos contaron que era o que comía ( a "chucha" e tamén biberón, dixo o seu irmán Artai), onde durmía, que choraba pouco e que o facía porque non sabía falar e dalgún xeito tiña que facernos saber que tiña fame ou que lle doía a barriga,... e como parecía que tiña ganiñas de durmir "arrolámolo" entre todos recitándolle un poemiña de Xosé Mª Álvarez Blázquez que aprenderamos uns días antes coa profe Teresa.
Mirade que feitiño é o irmán de Artai:





Uns días despois da visita de Brigo veu á escola Hugo, o irmán de Carlos. A súa nai, Ana, enseñounos como se facía o biberón porque Hugo non tomaba peito. Carlos explicounos que había que botar auga no "bibe" e que despois se botaban uns polviños (o leite en pó) e que había que batelo ben . Tamén nos dixo que se botabas o leite primeiro e despois a auga non valía, que non se facía así. Mirade que ben lle da o biberón ao seu irmán:






Tamén vimos cómo lle quitaban o cueiro sucio:



Carlos enseñounos como leva ao seu irmán de paseo sen ter que deitalo no carriño: ¡como se fora unha mamá canguro!




Os bebés necesitan moitos coidados: botarlle crema, peitealos, xogar con eles,..Carlos enseñounos algúns dos obxectos que usa a súa nai con Hugo:







Antes de que Hugo e a súa nai marcharan Carlos peiteou ao seu irmán para que estivera ben guapo




e cando Carlos foi gardar o cepillo na bolsa, atopou un gorriño para o sol e non puido evitar a tentación de probalo. ¡Que riquiño!



Como podedes ver somos uns nen@s moi afortunados pois as nosas familias veñen á escola a compartir os seus coñecementos con nós.
Os golfiñ@s e a profe Teresa agradecemos ás familias de Artai e Carlos que nos permitan aprender tanto deste xeito tan especial. ¡Gracias !

quarta-feira, 21 de maio de 2008

Somos xornalistas

Hoxe a profe díxonos que iamos ter que facer un traballo especial. Algúns dixeron que sería outra ficha do libro de "Colorín e o seu pai" pero non podía ser porque xa o levamos para casa onte. Cando a profe dixo que hoxe iamos ser xornalistas non entendiamos moi ben o que era iso.
Explicounos a profe que @s xornalistas eran homes e mulleres que investigaban sobre algo interesante para despois contarllo a outras persoas. Era como os homes e mulleres que saían nos telexornais, que ían polo mundo enterándose de todo o que pasaba e despois o decían na tele para que todos o souberamos.
Para ser un bo xornalista non basta con chegar ós sitios onde pasa algo e esperar a que cho conten senon que tes que saber ti o que queres averiguar, por iso antes de que chegaran as nosas invitadas, fixemos unha lista coas preguntas que lle habíamos de facer.
As nosas invitadas eran Elena, a nai de Sheila, e a súa irmá Laura, que ten 9 meses.




A profe Teresa invitounas para que nos contaran cousas da vida cotiá dos bebés. Algunhas das cousas que lles iamos preguntar eran:
Aldara: como se fai para cambiar os pañales, que eu non sei
Artai: Laura toma "chucha" como Brigo?
Andrea: sabe andar?
Breixo:cal é o seu xoguete preferido?
Carlota:sabe gatear?
Celso:toma biberón?
Manuel:sabe falar?
Alejandro: come papilla?
Carlos: chora moito?

Elena foi contestando a todas as nosas preguntas e trouxo moitas das cousas que usa con Laura para que as virasemos:

o "cambiador" enriba do que deita a Laura para quitarlle o pañal







o xoguete que máis lle gusta,






o chupete que usa para quedar a durmir





o leite que toma, os iogures,...




as vitaminas que toma para medrar forte, a esponxa coa que a baña,...




Laura ten sede e Sheila dalle auga da botella




¡Moitas grazas Elena polo teu tempo e por querer compartir esta experiencia con nós!

Aurora e Breixo van de viaxe

Aurora estaba contentísima de ver que tan ben a coidaban os nenos e nenas de 3 anos A pero o que ela non sabía era que no último turno de visitas ía ter que facer a maleta.
Enterouse cando chegou á casa de Breixo e viu que toda a familia andaba apurada a coller roupa, calzado,.. "¿Que pasará aquí?" pregúntabase Aurora. "¿Por que andan a facer maletas se eu xa teño a miña mochila feita con todo o que preciso?".
Cando soubo que ían saír de viaxe púxose toda contenta
¡¡¡ían de viaxe!!!¡¡¡ían a Vigo!!!
E como Breixo é moi responsable aínda que non estaba na súa casa de Aguiño non pensedes que non se ocupou dela como debía.
Mirade que ben o fixo:


sábado, 17 de maio de 2008

Arrólame en galego

Como xa sabedes, esta é a semana das Letras Galegas e as profes de Infantil organizaron no ximnasio unha pequena festiña dos "arrolos". Cada aula de Infantil preparou un pequeno "agasallo" para os seus compañeir@s.
Os nenos de 3 anos A representamos o poema de Álvarez Blázquez "Polo laranxal..."








Os nenos de 3 anos B bailaron ó ritmo da canción de Migallas "EN GALEGO XA! SÍ!"






Os nenos e nenas da aula de 4 anos nos recitaron a canción de berce que lle decían á profe Paula cando era unha bebé:





E os nenos e nenas de 5 anos repartiron abrazos para todos e todas:







sexta-feira, 16 de maio de 2008

Eva coida de Aurora

Como xa sabedes, no cole estamos traballando nun proxecto sobre bebés e por iso levamos a Aurora cada tres días para as nosas casas e nos ocupamos dela dándolle todos os coidados que precisa.
Hoxe tocoulle o turno a Eva e, como veredes despois, está feita toda unha madraza pois está pendente de Aurora en todo momento: dalle de comer, cambialle o cueiro, sacaa a pasear, métea no andador para que dea os seus primeiros pasos,..
Eva non se separa dela en ningún momento. Se Eva ten que ir ás clases de natación á piscina, leva a Aurora con ela. Se tocan clases de baile de salón, tamén Aurora vai con ela. Dice a profe que se houbera exames para ser mamá Eva sacaría un 10. Mirade que ben o fai.



quinta-feira, 15 de maio de 2008

"Roseira do teu mencer"

Estes días estamos aprendendo moitas cousas sobre o escritor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Chámase Xose María Álvarez Blázquez e era mestre (como a profe Teresa).Tivo varios fillos pero a unha delas, María Luisa, chamáballe Colorín porque era alegre e coloradiña. Xose M. Álvarez Blázquez escribiulle moitos poemas á súa filla Colorín e os recolleu no libro titulado "Roseira do teu mencer". Nós estamos a ler todolos días algúns deles e mesmo case os sabemos de memoria. Gustanos moito este que di:

Polo laranxal,
tres avelaíñas andan a voar.
Unha, dúas, tres,
de tanto que voan, vense e non se ven.
Polo laranxal,
tres avelaíñas andean a chuchar.
unha, dúas, tres,
de tanto que chuchan borrachas de mel.
Caídas no chan
tres avelaíñas polo laranxal.


Ás veces entramos en internet e xogamos cos poemas de Blázquez. Se ti queres saber máis sobre o Día das letras Galegas 2008 visita a páxina http://www.seminariogalan.org/

Eu fago sopa de letras GALEGAS

Este ano a celebración da semana das letras galegas vai ser moi especial. Ademáis de estudiar algo da vida e da obra de Xosé María Álvarez Blázquez, que é o escritor homenaxeado este ano, durante toda a semana o profesorado do centro, o conserxe e os encargados de cada aula van levar posto un mandil no que se lee " Eu fago sopa de letras GALEGAS".Dice a profe que esta é unha forma de facer ver que o galego está presente en todas as nosas tarefas diarias. Nós dicimos que se solo vai ser unha semana entón non nos vai dar tempo a levalo posto a todos así que á semana das letras galegas non lle vai quedar outra que durar 15 días.




Correlingua 2008: en galego polas rúas de Ribeira

Este ano celebrouse o Correlingua por primeira vez na Barbanza. A profe contounos que é unha carreira na que participan nenos e nenas de toda a comarca do Barbanza e coa que queren facer ver a todo o mundo que se sinten orgullosos de falar en galego porque esa é a súa lingua, a lingua na que lle contan aos seus amigos as súas cousas, na que rin cando estan ledos ou choran se están tristes. A lingua que escoitaron nada máis nacer cando as súas familias os arrolaban dicindolles "meu ben", "meu querer", "miña meniña",...a lingua que lles nace do corazón.
Este ano só foron á carreira os nenos e nenas de 4º e 6º de E. Primaria pero

¡¡¡¡¡¡¡PARA O ANO QUE VEN QUEREMOS IR NÓS TAMÉN!!!!

queremos ir ó Correlingua con todos os compañeiros de Infantil, queremos correr, xogar, e cantar e bailar co Xabarín

¡EN GALEGO! E LÓ!

Mirade que ben o pasaron