quarta-feira, 21 de maio de 2008

Somos xornalistas

Hoxe a profe díxonos que iamos ter que facer un traballo especial. Algúns dixeron que sería outra ficha do libro de "Colorín e o seu pai" pero non podía ser porque xa o levamos para casa onte. Cando a profe dixo que hoxe iamos ser xornalistas non entendiamos moi ben o que era iso.
Explicounos a profe que @s xornalistas eran homes e mulleres que investigaban sobre algo interesante para despois contarllo a outras persoas. Era como os homes e mulleres que saían nos telexornais, que ían polo mundo enterándose de todo o que pasaba e despois o decían na tele para que todos o souberamos.
Para ser un bo xornalista non basta con chegar ós sitios onde pasa algo e esperar a que cho conten senon que tes que saber ti o que queres averiguar, por iso antes de que chegaran as nosas invitadas, fixemos unha lista coas preguntas que lle habíamos de facer.
As nosas invitadas eran Elena, a nai de Sheila, e a súa irmá Laura, que ten 9 meses.




A profe Teresa invitounas para que nos contaran cousas da vida cotiá dos bebés. Algunhas das cousas que lles iamos preguntar eran:
Aldara: como se fai para cambiar os pañales, que eu non sei
Artai: Laura toma "chucha" como Brigo?
Andrea: sabe andar?
Breixo:cal é o seu xoguete preferido?
Carlota:sabe gatear?
Celso:toma biberón?
Manuel:sabe falar?
Alejandro: come papilla?
Carlos: chora moito?

Elena foi contestando a todas as nosas preguntas e trouxo moitas das cousas que usa con Laura para que as virasemos:

o "cambiador" enriba do que deita a Laura para quitarlle o pañal







o xoguete que máis lle gusta,






o chupete que usa para quedar a durmir





o leite que toma, os iogures,...




as vitaminas que toma para medrar forte, a esponxa coa que a baña,...




Laura ten sede e Sheila dalle auga da botella




¡Moitas grazas Elena polo teu tempo e por querer compartir esta experiencia con nós!

Nenhum comentário: