sexta-feira, 29 de janeiro de 2010

Grazas!!!!!

Hoxe recibimos un agasallo moi especial. As nais e pais do ANPA, o supermercado Etelvina e a librería de Aguiño trouxéronnos para as aulas de Infantil novos libros de contos en galego. Con estes novos e cos que trouxeron as familias dos que tiñan nas casas, agora xa imos tendo unha boa biblioteca de aula.
Como é de ben nacidos, ser agradecidos, dende aquí queremos decir
GRAZAAAAASSSS!!!!

domingo, 24 de janeiro de 2010

Investigando cos corpos xeométricos

Estes días tamén estamos a descubrir novos corpos xeométricos. Xa coñeciamos a esfera e buscamos pola aula obxectos que tiveran esta forma. Había moitisimos: a "bola" do mundo, unha canica, unha pelota, un pompón de lana, unha saltarina, unha laranxa, unha bola de plastilina,...
Agora a profe presentounos o cilindro e tivemos que buscar pola aula obxectos que tiveran esta forma. Cando aparecía algún tiñamos que tirarlle unha foto que despois puxemos na carpeta que temos no ordenador da aula. Vimos que había moitas cousas nas nosas caixas con forma de cilindo: o pegamento, os rotuladores, as ceras,.. tamén no baño había cilindros (o rollo de papel hixiénico),....
Estas foron algunhas das fotos que fixemos:






De novo na aula

Ola golfiñ@s! Xa estamos de novo na aula! Novo curso e novos proxectos que desenvolver ao longo deste segundo trimestre.
Como xa sabedes, continuamos co proxecto "Nubeiros e nubeiras nas lagoas" pero agora imos investigar a flora que está preto das lagoas. Buscamos imaxes en internet das plantas, árbores e arbustos que aparecen no libro "Pequenos paseos cos pequenos" e con elas montamos este powerpoint que vimos na aula de audiovisuais.


Dice a profe que ao igual que investigamos sobre os animais que estan preto da lagoa, agora o imos facer coas plantas. Teremos que buscar información de que clases de plantas hai, que comen as plantas, como respiran, como nacen plantas novas,... Seguro que vai ser unha investigación moi interesante e como sempre poderemos levar todo o que atopemos nas casas coas nosas familias nos libros, en internet,...