quarta-feira, 28 de janeiro de 2009

Xogamos coas regletas

Estes días estamos a realizar actividades matemáticas coas regletas.
As regletas son unhas pequenas pezas de madeira de cores que teñen equivalencias numéricas e con elas aprendemos a descompoñer os números, a sumar,... pero tamén facemos figuras, torres, escaleiras,...Aí vai unha mostra das nosas obras:





















30 de xaneiro: Día escolar pola PAZ

Hoxe é 30 de xaneiro e en todos os centros escolares conmémorase o día da Paz.

Nós xa levamos uns días falando do que é ter paz e sabemos que cando temos amigos cos que xogar, familia que nos da todo o que necesitamos, escolas onde aprender e mestres e mestras que nos enseñan moitas cousas que nos fan medrar como persoas, ..... entón a nosa vida transcorre en paz.

Pero hai moitos nenos e nenas que non teñen a sorte de ter todo o que nos temos e aínda por riba teñen que vivir no medio de pelexas, loitas,.... conviven coa guerra e moitas veces morren polas bombas.

Como estes días estamos traballando con xornais, ás veces vemos as fotos das casas desfeitas, dos nenos e nenas feridos,.... e nos da moita pena. Oxalá que acaben pronto estas guerras e que todos e todas podamos vivir en paz.





Para nós ás veces non ter paz é sentirse triste porque algo non vai ben. Algo así lle pasaba á protagonista do conto que nos contaron as profes Teresa e Sara na sá de audiovisuais : A cebra Camila





Despois decidimos facer un traballo cooperativo entre todos os nenos e nenas de Infantil ao igual que fixeron todos os amigos e amigas da cebra Camila que traballaron xuntos para que a cebra Camila chorara de cada vez unha bágoa menos e ao final non lle quedara nin un chisquiño de pena.
O noso proxecto foi facer unha manta, que nestes días fríos de inverno non ven nada mal para estar ben quentiños.
Primeiro decoramos as follas de xornal con ceras Manley sen tapar as imaxes.











Cando todas as partes estiveron listas, chegou o momento de "tecer" a nosa manta xuntando todas e cada unha das partes que fixo o alumnado de Infantil. Para iso as profes colocaron todas e cada unha das follas que fixemos os nenos e nenas enriba dun plástico e as fixaron con cola



















Mentres acababan de encolar as follas fomos aprendendo que había moitas formas de escribir a palabra PAZ: PAU, BAKE, PAIX, PEACE, ...pero a que máis nos chamou a atención foi a que se escribía cunhas letras moi raras que non coñeciamos pero que Fátima , da aula de 5 anos, nos dixo que se escribían no seu país, Marrocos. As profes nos deron unha fotocopia coa palabra para levar para casa.




Despois de deixar secar a manta, chegou o momento de darlle uso. Quedamos mirando para ela e primeiro pensamos en taparnos con ela como facemos coas que temos nas nosas casas



pero de seguido ocorréusenos xogar con ela, todos e todas xuntos.
Había moitas posibilidades de xogo:
sentarse arredor dela e pasar a pelota (feita co papel de aluminio de envolver os bocadillos dos mércores)





a profe propuxo despois xogar a "mantear" a bola:





un dos xogos que máis nos gustou foi o "paracaidas", que consiste en levantar moito a tela e a unha orde meterse todos debaixo



Ata fixemos carreiras a rolos por parellas!






Case sen darnos de conta, chegou o momento en que todos os nenos e nenas do colexio nos xuntamos na porta de entrada para facer un pequeno acto conmemorativo conxunto. Alí todos e todas cantamos a canción de Antonio Flores "no dudaría" coa nosa bandeira da paz na man.
Esperemos que a paz chegue pronto para todos e todas en todo o mundo.

domingo, 11 de janeiro de 2009

Agasallos de Nadal

Este ano papá Noel e os Reis Magos foron moi bos e xenerosos e nos trouxeron moitos agasallos: bonecas, coches, libros, puzzles,.. e como sempre por estas datas a profe Teresa nos deixa traer ao cole algún destes agasallos para compartir e xogar cos nosos compañeiros e compañeiras.
É bonito ter cousas novas pero o mellor é xogar con elas cos nosos amig@s.
Mirade que ben o pasamos ...