sexta-feira, 27 de fevereiro de 2009

Ás veces as redes traen sorpresas....

Ás veces as redes traen sorpresas. O outro día estaba no barco o tío de Bea e pescando, no medio das redes, apareceron unhas estreliñas de mar. Sen dubidalo colléunas e púxoas en auga salgada e logo llas dou a Bea para que as trouxera para a escola porque sabía que andabamos a investigar sobre elas.
As familias tamén poden ser unha fonte de información e gracias a elas soubemos que o nome polo que se coñece en Aguiño a estes animais é "tallantes".
O primeiro que fixemos foi tocalas e a verdade é que algúns lle tiñamos un pouco de medo porque aprenderamos hai uns días que as estrelas botan o estómago pola boca para comer e como o medo é libre....



Tocando as estrelas tivemos moito coidado de non picarnos coas súas púas




Para ver mellor os pés ambulacrais cos que se poden desplazar, axúdamonos cunha lupa




Como bos investigadores e investigadoras quixemos saber canto pesa unha estrela de mar e por iso collemos a pesa e despois anotámo-lo peso nunha ficha-rexistro





Unha das estrelas tiña 5 brazos, que é o máis frecuente, ainda que nos xa vimos en internet que hai estrelas de ata 18 brazos



pero á outra estrela faltáballe un. Nos xa sabemos que as estrelas de mar lles crece o brazo de novo e que por iso ás veces os brazos son de diferente lonxitude. Tamén sabemos que ese brazo perdido pode convertirse nunha estrela completa. Limos nun libro que isto se chama "rexeneración"




Agora só falta levar de novo as estrelas para o mar porque a ninguén lle gusta que o saquen da súa casiña.

sexta-feira, 20 de fevereiro de 2009

O mar invade as rúas de Aguiño

Por fin chegou o día, despois dunha semana chea de mandatos do "Felipe" pudemos poñer os nosos disfraces de "polbiños da ría" e desfilar polas rúas de Aguiño. Todos os nenos e nenas do cole levaron disfraces relacionados co mar. Houbo polbiños, percebes, atadoras, percebeiros, estrelas de mar, peixiños, augamares, fondos mariños e ata piratas!

Cando chegamos ao cole puxemos os nosos disfraces e como aínda non era hora de salir aproveitamos o tempo facendo unha carauta de golfiño








Cando nos avisaron, fixemos unha fila e nos dispuxemos a marchar polas rúas de Aguiño








De volta no cole pudemos comer os doces de Entroido que fixeron as nosas familias






Agora só queda difrutar destes días de vacacións de Entroido e o xoves 26 (despois de que pasen todos os "mercantiles" como dice Manuel) volvemonos a ver no cole. Pasádeo moi ben e ¡ollo cos cocidos e as filloas!

quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009

De quen son estes calcetíns?

Hoxe xoves o mandato do "Felipe" decía que tiñamos que traer cada calcetín dunha cor ou debuxo distinto e ademáis por fora do pantalón.
Sodes quen de emparellar cada par de calcetíns co seu dono/a?

quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009

O mércores ao revés

Este foi o mandato do "Felipe" para hoxe mércores: tiñamos que traer a roupa do revés. Houbo algúns, como a profe Tere, que non se atreveron máis que a traer a chaqueta coas costuras e etiquetas ao aire, pero outr@s máis atrevidos trouxeron pantalón, xersei, chaqueta,...







Cando fomos para poñer o mandilón, tamén o puxeron do revés e todo o día estiveron a traballar así. (Co traballiño que lle costou a algún diferenciar o dereito do revés, vai o Felipe e anda a enredar con estas lerias)










E á hora de marchar para casa, volvemos poñer as chaquetas do revés:










O mandato do martes

Este martes o "Felipe" mándanos poñer pinzas de colgar a roupa nos abrigos e chaquetóns. Mirade como me chegaron estes golfiñ@s á escola hoxe







segunda-feira, 16 de fevereiro de 2009

O "Felipe" di que o luns .....

Este ano, na semana previa ao Entroido, o "Felipe" di que temos que vir caracterizados dun xeito diferente. Así o luns temos que pintar dous peixiños na cara, o martes hai que poñer pinzas da roupa no chaquetón, o
mércores hai que poñer a roupa do revés e o xoves hai que traer un calcetín de cada cor por fora do pantalón.
Este luns a nosa aula parecía un mar con tanto peixe.... e como estabamos tan guapos e guapas aproveitamos para facer fotos uns aos outros,
¡ ata lle fixemos á profe Tere!

Mirade os peixiñ@s no medio das burbullas

sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009

Xa teño 5!!!!!

Ola, son Aldara e como vedes estou moi contenta porque hoxe celebro no cole o meu 5º aniversario. Como cando cumprín 4, a tía Lola fixo un riquísimo biscoito que compartín cos meus compañeiros e compañeiras e coa profe Teresa.
Aí van estas fotos cheas de corazóns que por algo eu nacín no día dos namorados.

terça-feira, 10 de fevereiro de 2009

Estou na lavadora

Hai uns días a profe Teresa pediunos que na nosa libreta de investigación copiaramos palabras e números da lavadora pero que tiveramos coidado non fora ser que quedaramos atrapados dentro dela. Nós botamonos a rir e entón nos contou que cando ela era coma nós (hai uns aniños de nada) vía pola tardes na TVG un programa para nenos e nenas que tiña unhas cancións moi chulas en galego e nunha delas contaban que había alguén vivindo dentro dunha lavadora.
Ese programa aínda o hai agora, é o XABARIN CLUB pero só polas mañás moi cedo e non o podemos ver porque desa hora nós aínda estamos a durmir.
Queremos que volva o XABARIN CLUB pola tarde!
Queremos ver debuxos animados en galego!
Queremos escoitar esas cancións chulas que nos canta a profe Tere!
Aí vai a que fala dun rapaz que estaba dentro da lavadora

Quen anda a encher o mar de plástico?

Esta foi a mensaxe que atopamos dentro dunha botella de plástico cando chegamos hoxe á escola. Pero, quen mandou a mensaxe? como chegou ata a nosa aula? As nosas preguntas obtiveron resposta cando subimos a biblioteca a buscar información sobre as estrelas de mar. Alí estaban o Capitán Benito e a Grumeta que nos contaron que foran eles os que deixaran a botella coa mensaxe porque xa estaban fartos de ver o mal que trataban ó mar moitas persoas que non lles importaba nada botarlle lixo á nosa querida ría.





Tamén nos contaron unha historia que nós xa coñeciamos porque xa nola contou a profe Teresa cando investigamos quen eran as "heroínas de Sálvora".O capitán Benito Souto e a Grumeta Quilla contaron que hai moitos anos cerca da illa de Sálvora o vapor "Santa Isabel" afundía e que gracias á valentía das mulleres de Sálvora, que non dubidaron en botarse ao mar nas súas dornas, puideron salvarse algúns homes, mulleres, nenos e nenas que ían no barco.



Gracias pola vosa visita, esperamos volver a veros pronto.

(E que conste que nós non somos os que andamos a botar botellas de plástico ao mar, que nós xa sabemos que os envases de plástico hainos que botar no contedor amarelo)