sábado, 24 de abril de 2010

Antes de durmir, un conto quero oir

"Antes de durmir
un conto quero oir,
e para soñar
un conto quero escoitar."




Esta pequena rima que nos aprendeu a profe Uxía foi a que máis repetimos hoxe para celebrar o Dia do Libro. Como todos os 23 de abril, no noso centro conmemoramos este día con diferentes actividades. A biblioteca propúxonos que contestaramos a pregunta "E ti, para que les?" e con todas as respostas fixeron un mural no que tamén se recollían as respostas de persoas coñecidas do mundo do deporte, da política, da literatura,...








pero como a nós os contos que máis nos gustan son os que nos contan antes de durmir, as mestras de E.Infantil propuxéronnos traer o pixama e as zapatillas e recrear ese momento de escoitar un conto antes de ir para a cama, ata fixemos unha cama co seu edredón e a súa almofada!



Como di a canción "non hai cama para tanta xente" así que subimos á biblioteca co noso edredón



e alí nos leron o conto "A tartaruga que quería durmir"



para finalizar este día recibimos un agasallo de parte do Equipo de Innovación en Normalización Lingüística: un autocolante, que tamén se pode usar como marcapáxinas, coas imaxes dos nosos amigos Xandre, Xenia e Xistra.

terça-feira, 20 de abril de 2010

Visitamos o Cluster de Acuicultura

Hoxe as mestras de E. Infantil nos levaron ao Cluster de Acuicultura para que puideramos ver como crían aos rodaballos que logo nós comemos nas nosas casas. Vimos moitas piscinas con crías destes peixes e tamén outras cuns rodaballos enormes. Son estas:










domingo, 18 de abril de 2010

Concerto de "Mamá Cabra"

Este venres asistimos no Auditorio de Ribeira a un concerto do grupo Mamá Cabra. A nós nos gustan moito as súas cancións por iso non deixamos de mover os brazos ao seu ritmo.
Durante unha hora estivemos escoitando cancións moi coñecidas por todos e todas como a do Polo Pepe, o elefante Casimiro, .... ata que sen darnos de conta chegou a hora de marchar de volta para o cole.
Aquí quedan unhas fotos para que vexades qué ben o pasamos.






quarta-feira, 14 de abril de 2010

Visitounos Mario Tomás

Hoxe tivemos a visita do contacontos Mario Tomás que nos fixo pasar un bo rato escoitando as súas historias coa axuda do "avó pato" e do pequeno teatro de monicreques.
Mirade que ben o pasamos!







terça-feira, 13 de abril de 2010

Aniversario de Manuel e Andrea

Hoxe tivemos aniversario por partida doble pois celebramos que Andrea e Manuel xa teñen 6 anos. Como era doble aniversario, tivemos doble ración de biscoito e a verdade é que non saberíamos decir cal estaba mellor pois o certo é que os dous estaban boísimos.


Mirade que contentos cambian a vela para o mural dos/das que xa teñen 6





Despois soplamos as velas e demos boa conta dos dous biscoitos.
Parabéns compañeir@s!





Día do libro infantil

Cada ano, cando chega o 2 de abril, celebramos o Día do Libro Infantil. Como este ano estabamos de vacacións por esas datas, trasladamos a celebración para o luns 12 de abril. Así , despois do recreo, ás 12, uns rapaces e rapazas de 6º leron un manifesto moio bonito escrito para este día por Eliacer Cansino




Despois os nenos e nenas de 5ºB convertironse nos nosos "padriños e madriñas lectores" e nos contaron varios contos




sábado, 10 de abril de 2010

As rimas dos nosos nomes

Como sabedes, o mes de marzo conmemorouse o Día da Poesía. Os golfiñ@s somos grandes poetas e poetisas e non quixemos deixar de poñer o noso "poético" graniño de area . Para iso estivemos traballando moito tempo buscando palabras que rimaban, lendo poemas, facendo pequenos pareados,...
O resultado son estes tres libriños de poemas inspirados na obra "Pola rúa dos versos" de Ana Mª Fernández. Esperamos que vos gusten.

As rimas dos nosos nomes


Polas rúas de Aguiño


Un ano en doce rimas

terça-feira, 6 de abril de 2010

Aniversario de Eva

Hoxe volvemos ás aulas despois destes días de vacacións nos que a nosa compañeira Eva cumpliu 6 anos. Como non puidemos celebralo no cole antes, tuvemos que deixalo para agora pero non importou nada porque comemos un biscoito e unha bica que fixo a súa nai que estaban para chupa-los dedos.
Como sempre, aí van as fotos: